Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 21 de marzo de 2002, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente

ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita en r/ Comandante Fontanes, 10-5ª planta, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: C. Informática Lugo, S.L.

CIF: B-27152602.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio-notif. constrinximento).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10-5ª, A Coruña.

A Coruña, 21 de marzo de 2002.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación