Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

ANUNCIO de notificación.

Incoado a Roxelio Vigo Morandeira expediente sancionador nº 5/2001, mediante acordo adoptado do Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia en sesión celebrada o 28 de xullo de 2001, e resultando falidos os intentos practicados de notificación da proposta de resolución provisional do instructor do procedemento de data 2-1-2002 (RS nº 9/2002 do 10-1) nos termos fixados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e en cumprimento do establecido no artigo 76 do Decreto 69/2000, do 23 de marzo.

Considerando o establecido no artigo 76 do Decreto 69/2000, do 23 de marzo, en relación co artigo 60 a 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselle mediante o presente edicto a Roxelio Vigo Morandeira o contido da referida resolución. E, por conseguinte, a apertura do prazo de dez días naturais para a presentación das alegacións definitivas que estime oportunas, facéndolle constar que o expediente e a resolución referenciadas quedan á súa disposición, nas horas de atención ó público, no domicilio social do COPDG sito na rúa Xeneral Pardiñas nº 15, 17, edificio Bankinter, galerías Metropol, local 11 de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

Miguel Anxo Rodríguez Ramos

Secretario do expediente