Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

A Comisión de Goberno desta mancomunidade turística acordou modifica-lo prego de cláusulas administrativas particulares das obras que ó final se detallan, no sentido de engadir en todas elas unha nova cláusula, a nº 23, do teor literal seguinte:

23. Os honorarios de dirección de obra serán por conta do adxudicatario.

Amplíase o prazo de presentación de proposicións, que será de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

As obras ás que se refire este anuncio son as que se seguen:

1. Acondicionamento e rehabilitación de inmobles para turismo rural en Pazos de Arenteiro (inmoble nº 1).

2. Área recreativa de Pena Corneira.

3. Proxecto de embelecemento da ribeira do río Arenteiro.

4. Proxecto de embelecemento da praza da Mina.

5. Proxecto de acondicionamento do contorno do acceso ó Gran Balneario.

6. Sinalización turística do Concello de Ribadavia, sinalización integral do núcleo histórico.

Leiro, 24 de abril de 2002.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente