O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2002, por proposta do organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (Oral), adoptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión, liquidación e recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-Oral, o Concello de Moaña, no que respecta ó imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 18 de marzo de 2002.
O Presidente
Rubricado
O secretario
Rubricado