Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de abril de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación da sentencia estimatoria da resolución do contrato de Mariano Barreiro García (expediente C-1-CD/79).

No procedemento de menor contía 441/2000 contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Mariano Barreiro García, dictouse sentencia de data un de marzo de dous mil dous, do que o seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na Coruña, o un de marzo de dous mil dous.

Carmen Amelia Gomá García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, viu os presentes autos de menor contía sobre resolución de contrato de compravenda de vivenda de protección oficial, suscitados polo avogado da Xunta de Galicia, fronte a herdeiros incertos e des

coñecidos de Mariano Barreiro García, e dictou o seguinte:

Dictame xudicial: que debo estima-la demanda formulada polo letrado da Xunta de Galicia, contra herdeiros incertos e descoñecidos de Mariano Barreiro García, debo declarar e declaro resolto o contrato de compravenda realizado entre a Administración e o demandado, declarando en consecuencia que a vivenda pertence en plena propiedade á Xunta de Galicia, con condena en custas ó demandado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros incertos e descoñecidos de Mariano Barreiro García, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, doce de marzo de dous mil dous.

O/A secretario/a.

Xulgado de Primeira Instancia número cinco-A Coruña».

Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o oito de abril de dous mil dous.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña