Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación do servicio de cafetería-comedor do Hospital Xeral e Hospital de Calde, e a instalación de máquinas expendedoras de bebidas e productos sólidos nos hospitais Xeral, Calde e Provincial de San Xosé. (Contrato administrativo especial coa referencia C.P. 11/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das competencias que ten atribuídas na Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto do contrato.

Lote nº 1: explotación do servicio de cafetería-comedor no Hospital Xeral de Lugo.

Lote nº 2: explotación do servicio de cafetería-comedor no Hospital de Calde.

Lote nº 3: instalación de máquinas expendedoras de bebidas e productos sólidos nos hospitais Xeral, Calde e Provincial de San Xosé.

O contrato terá carácter administrativo especial, de conformidade co establecido no artigo 5.2º b) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Tarifas polos servicios.

Os adxudicatarios terán dereito a percibir dos usuarios do servicio contratado o prezo correspondente ás prestacións ofrecidas, na contía establecida na tarifa aprobada, vixente en cada momento. Os licitadores deberán incluír nas súas ofertas as tarifas que propoñen para o primeiro ano de explotación, as cales deberán ser necesariamente iguais ou inferiores ás máximas establecidas nos pregos, para tal efecto, tal e como se establece no punto 2.1º do anexo III.

Gastos por conta do adxudicatario.

De acordo co réxime establecido nos pregos, corresponderán ó adxudicatario do contrato os gastos ocasionados polo servicio (previos e durante a explotación), así como a satisfacción dun canon e outras prestacións complementarias a favor da Administración que, se é o caso, ofertase. O canon anual para o primeiro exercicio da actividade, co carácter de mínimo e mellorable nas súas ofertas polos licitadores, establécese nos seguintes importes:

-Lote nº 1: 12.500 euros anuais.

-Lote nº 2: 7.000 euros anuais.

-Lote nº 3: 300 euros anuais por cada unha das máquinas instaladas.

Actualizaranse para o segundo exercicio e os sucesivos, conforme se establece no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía provisional.

Constituirase una garantía provisional por un importe equivalente ó 2% do orzamento do investimento que se vaia realizar, segundo a contía ofertada polos licitadores para cada un dos lotes do presente concurso.

Forma de adxudicación.

Concurso, polo procedemento aberto, de acordo co previsto nos artígos 73,74, 85 e seguintes da LCAP.

Prazo de vixencia.

A explotación por parte do adxudicatario do servicio de cafetería licitado terá unha duración máxima de cinco anos, contado desde o momento no que se produza o seu comezo efectivo.

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes sobre ningún dos elementos que comprenden o obxecto deste contrato.

Solvencia económica, financeira e técnica.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (rúa Doutor Severo Ochoa, s/n 27004 Lugo) Teléfono: 982 29 65 92, fax: 982 21 29 24.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciaralle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde, a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

Terá lugar na sala de xuntas do complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 14 de febreiro de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo