Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 14 de marzo de 2002, os proxectos técnicos para a contratación de construcción dun centro socio-cultural e xuvenil (edificio de usos múltiples) (anualidade 2003) e equipamento e adquisición de mobiliario da residencia da terceira idade (anualidades 2002-2002), redactados polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, quedan expostos ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán os concursos públicos por procedemento aberto das citadas contratacións, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez, convócanse licitacións públicas para a adxudicación da citada obra e subministración, respectivamente, que quedarían aprazadas no supos

to de presentárense reclamacións ós proxectos técnicos ou ós pregos de bases, restablecéndose, o que reste, a partir do día seguinte da resolución destas.

-Obxectos.

É a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, de:

a) Obra: construcción dun centro socio-cultural e xuvenil (edificio de usos múltiples) (anualidade 2002).

b) Subministración: equipamento e adquisición de mobiliario da residencia da terceira idade (anualidades 2002-2003).

-Tipos de licitación.

Son os seguintes:

a) 180.303,63 euros.

b) 75.126,51 euros.

-Prazos de execución.

Desde a notificación da adxudicación:

a) 5 meses.

b) 4 meses.

-Garantías.

As provisionais establécense en:

a) 3.606,07 euros.

b) 1.502,53 euros.

As definitivas igual ó 4% do importe de adxudicación.

-Clasificación: a indicada no prego de condicións económico-administrativas para a contratación da referida obra (a).

-Presentación de proposicións: presentaranse en sobres individuais para cada unha das contratacións, na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

-Apertura de plicas: terán lugar ás 9 horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula dos correspondentes pregos de condicións.

-Modelos de proposicións: o recollido na correspondente cláusula dos pregos individuais de cada expediente de contratación. Os licitadores presentarán simultaneamente coa/s proposición/s e en sobres pechados os documentos que se indican na referida cláusula.

-Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato, incluídos os de transporte e entrega da subministración.

Vila de Cruces, 25 de marzo de 2002.

O alcalde presidente

Rubricado