Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, na sesión do día 21 de marzo de 2002, aprobou inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) en Monte Pío e parcela do Espiño, que ten como obxecto principal adapta-lo planeamento urbanístico vixente na parcela chamada de Monte Pío ó proxecto promovido pola Xunta de Gali

cia para a implantación nesta parcela da residencia oficial do presidente da Comunidade Autónoma e outros edificios dedicados a usos institucionais e representativos.

O ámbito da modificación esténdese polo sur ata a rúa do Carme de Abaixo a través da parcela denominada do Espiño -cualificada no vixente Plan especial da cidade histórica como predio singular-, inclúe a peza de solo urbano delimitada polas rúas de Costa de Santa Isabel e Fonte do Ouro, e afecta así mesmo a terreos clasificados como non urbanizables de protección de canles, en contacto co río Sarela, e incluídos no ámbito do PE-5 bis.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo