Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 35 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Ponte Bolera.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2002 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 35 do Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana, situada fronte á rúa do Doutor Loureiro Crespo, nº 8, con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 2-11-1999, que inclúe un anexo ó proxecto de urbanización, con visado colexial do 14-8-2001 e planos nº 1-1; 1-2; 1-3; de 2 a 18 e documentación complementaria 2, con data de visado colexial do 20-12-2001, documentación que anula e substitúe a súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, e promovido, mediante iniciativa particular, por Construcciones y Obras Veteris, Sociedad Limitada, que inclúe a urbanización da totalidade da vía de nova apertura denominado rúa Antón Fraguas, perpendicular ás rúas Joaquín Costa e Loureiro Crespo, dispoñéndose o seu sometemento a información

pública, tendo que estar definitivamente aprobado o proxecto de compensación da citada unidade, previo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-rúa Churruchaos, nº 2) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado de Urbanismo e Medio Ambiente