Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (653/2001).

Anúnciase que o Pleno do Concello de Ourense, en sesión extraordinaria do día 14 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Pleno do Concello de Ourense, por vinteún votos a favor e catro abstencións, acordou:

1. Aprobar inicialmente, de oficio, o Plan especial de protección e reforma interior do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo.

2. Somete-lo expediente ó trámite de información pública por un prazo dun mes, mediante anuncio que publicarase no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia e notificación persoal ós propietarios afectados, por delimitación de polígonos.

3. Suspende-la concesión de licencias, en todo o ámbito territorial afectado polo dito plan especial.

Este anuncio suple ás circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 1 de abril de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente