Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-409).

Por resolución desta alcaldía 2121/2002, con data do 17 de abril de 2002, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial do SUNP B-29-R O Vieiro, no Seixal-San Pedro de Nós, presentado pola comisión xestora.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición público do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que contará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 18 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta