Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición adicional 3ª punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior instalación de liña de MT aérea espida ó C.T. existente en caseta de Feces de Cima, así como para reforma do C.T. de Feces de Cima e liña de B.T. aérea do C.T. existente en caseta de Feces de Cima, nos lugares de Vilar de Cervos, na parroquia de San Vicente de Vilar de Cervos, promovido por Unión Fenosa Distribución, S.A.

Vilardevós, 27 de marzo de 2002.

José Luis Pérez García

Alcalde