Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se lle concede á Fundación Formación e Emprego (Forem-Galicia) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e AQS e de climatización.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Xosé Eusebio Justo Santos, en representación da Fundacion Formación e Emprego (Forem-Galicia) con CIF G-15428287 e domicilio en Romero Donallo nº 17 de Santiago de Compostela, solicitando a renovación da calificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de calefacción e auga quente sanitaria (AQS) e de climatización.

Feitos.

Primeiro.-Con data 4 de setembro de 2001, Xosé Eusebio Justo Santos en nome e representación da Fundación Formación e Emprego (Forem-Galicia) presentou escrito ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), no que se solicitaba que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos reales decretos 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002

do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Xosé Eusebio Justo Santos acredita que a Fundacion Formación e Emprego (Forem-Galicia) cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

A dirección xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar á Fundacion Formación e Emprego (Forem-Galicia) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de calefacción e AQS e de climatización, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde de 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberase comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio das provincias onde se impartan os cursos, antes de inicialos, as datas de inicio, programa, profesorado, listados de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revogarse a autorización da dita entidade, no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, DOG 16 de xaneiro de 2001.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data da súa notificación,

recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas