Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación de contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicio dunha póliza de seguro colectivo de accidentes no mar.

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: a partir das 24 horas do día 30 de xuño de 2002 ata as 24 horas do día 30 de xuño de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dous millóns trescentos corenta e tres mil novecentos corenta e sete euros (2.343.947 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% (46.879 euros) do orzamento base de licitación. Artigo 35 do TRLCAP.

Definitiva: ó adxudicatario esixirase unha garantía equivalente o 4% do orzamento de adxudicación. Artigo 36 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca. Rúa do Sar, nº 75, 15702, Santiago de Compostela. A Coruña. España.

Teléfono: 981 54 62 87.

Telefax: 981 54 62 88.

Internet: www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposicións: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: día 27 de maio de 2002.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes:

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10 horas do día 31 de maio de 2002.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

P.D. (Orde 21-12-2001)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos