Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Ánimas-Bouzas.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 555 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña BAL 7.32, á altura do CR Bouzas, enlazando coa L.M.T. existente o C.T. Alfageme 2, alimentando en bucle o C.T. exp. Pesqueiras e rematando no C.T. Galicia Mar. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 720 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o CR Coia, alimentando en bucle o C.T. Ánimas e rematando no CR Santo Domingo. Concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra