Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/104-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución en polígono A Granxa-parcela 207-11.

Situación: concello do Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 42 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde unha galería do polígono A Granxa, entre o C.D. Sogama e o C.T. nº 7, alimentando en bucle o C. distribución que se proxecta na parcela 207-11, no polígono industrial A Granxa, no concello do Porriño. C. distribución con 3 liñas de maniobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra