Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Zeltia-Lourambal.
Situación: concello do Porriño.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 615 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 9 da L.M.T. ATI 7.25, ós CC.TT. Zeltia, polígono Torneiros e outros, e rematando no empalme coa L.M.T. existente ó C.T. Lourambal, á altura do apoio tipo 2500/13 da L.M.T. ó C.T. Zeltia Cooper. Concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra