Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. praza de España-Pizarro-Hospital Xeral.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 335 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o empalme coa L.M.T. BAL 7.13 procedente do C.T. praza de España, á altura do cruce coas rúas Pizarro e Honduras, alimentando en bucle o C.T. Pizarro, rematando no C.T. Hospital Xeral, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 13 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra