Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Santa Tegra II-Sestelo.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Santa Tegra II, ata un apoio proxectado tipo H.V.H.-2.500/13 desde o que se realiza a derivación ós CC.TT. Lagoa e Sestelo, no concello de Vigo, reformando o C.T. existente de Santa Tegra II cun conxunto de celas SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 13 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra