Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Adxudicatario: UTE Ovisa-Extraco, S.A.

Orzamento: 6.422.577,62 euros (1.068.627.000 pesetas).

Ampliación e renovación de calzada, beirarrúas, servicios da rúa Emilia Pardo Bazán. Convenio CPTOPV-Concello de Ourense.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 970.742,73 euros (161.518.000 pesetas).

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra autovía de Ferrol-Vilalba. Treito: enlace núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez-Cabreirós.

Adxudicatario: UTE Proyfe, S.L., Iceacsa.

Orzamento: 461.632,59 euros (76.809.200 pesetas).

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental incluída cartografía da obra terceira ronda (ronda leste) e ronda sur de Lugo.

Adxudicatario: UTE Proyfe, S.L., Iceacsa.

Orzamento: 137.229,33 euros (22.833.040 pesetas).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda