Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.269

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 48/2002 por instancia de Ana María Vizoso Hermida e outros contra Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data 15-3-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Ana María Vizoso Hermida, José Manuel Tubio Pazos e Raúl Santiago Lema, contra Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado os demandantes condenando á demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución opte entre a inmediata readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento

das cantidades seguintes en concepto de indemnización a Ana Mª Vizoso, 1.487,61 euros (247.517 pesetas), a X. Manuel Tubio 2.044,24 euros (340.133 pesetas) e a Raúl Santiago, 498,33 euros (82.915 pesetas) e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde la data do despedimento e ata a notificación desta resolución, a razón de 26,75 euros (4.451 pesetas) día a Ana Mª Vizoso, e 29,50 euros (4.909 pesetas) día a X. Manuel Tubio e a Raúl Santiago. Así, por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de haber depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado,

número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Telecomunicaciones Servicios Avanzados Telefonía, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 2 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado