Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.269

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (269/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe:

Certifica: que neste xulgado se seguen autos número 269/01 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra José Seijas Morano, Prefabricados Gago, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, TXSS, Sergas, sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia con data do 28-2-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que desestimando a demanda deducida por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra José Seijas Morano, Prefabricados Gago, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Servicio Galego de Saúde, debo absolver e absolvo á parte demandada de tódolos pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ó anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, ante este xulgado, do que coñecerá se é o caso, na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 187 e seguintes do texto articulado na Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa expido e asino a presente cédula na Coruña,

A secretaria xudicial

Rubricado