Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.269

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (771/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos nº 771/2001 seguidos pola instancia de Eva Fernández Ramos contra J.R. Dake, S.L. sobre salarios, a maxistrada- xuíza substituta deste xulgado, Milagritos Belso Sempere, dictou sentencia, con data do 20-3-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Eva Fernández Ramos, contra a empresa J.R. Drake, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante da suma de 1.114,70 euros, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a J.R. Drake, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Calvo Sotelo, nº 21, 2º, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado