Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.268

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (740/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 740/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Carballo, 14 de febreiro de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por ameazas rexistrada baixo o 740/2001 e tramitada por instancia de Elías López Santiago en calidade de denunciante contra Ignacio Méndez Pedrosa en calidade de denunciado, non foi parte o Ministerio Fiscal.

Dictamino que absolvo a Ignacio Méndez Pedrosa da falta de ameazas con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días recurso de apelación ante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación dos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ignacio Méndez Pedrosa, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Carballo, catro de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado