Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.264

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (titulado superior médico) correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2002, o tribunal I-A designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (titulado superior médico) correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase oposición se realizará o día 15 de maio de 2002, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único, ás 9.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Presidente do tribunal