Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.264

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de abril de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 18 de xaneiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo), a provisión, polo

sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 18 de xaneiro de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Silva Costoya, María.

NRP: 3540715135 A2083.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: directora provincial.

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.