Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 149/2002, do 11 de abril, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Foz (Lugo), dun predio situado na avenida de Cervantes, para a construcción dunha estación de autobuses.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Foz, reunido en sesión do día 1 de xuño de 2001, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia o predio situado na avenida de Cervantes de Foz, para a construcción dunha estación de autobuses.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación da cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, pola que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Foz acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión feita polo Concello de Foz, a título gratuíto, do predio situado na avenida de Cervantes, dunha superficie de 1.400 m, que linda: ó norte coa avenida de Cervantes e o asilo de anciáns; ó sur e ó leste co Concello de Foz; e ó oeste con José Lestegás.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 898, libro 180, folio 54, predio número 24.153.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dunha estación de autobuses.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo

tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, once de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda