Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.254

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 150/2002, do 11 de abril, polo que se acepta a doazón de cincuenta e cinco cadros da autoría e propiedade de Nelson Zumel a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 7 de decembro de 2001, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo remitiu á Consellería de Economía e Facenda o expediente de doazón de cincuenta e cinco cadros da autoría e propiedade de Nelson Zumel.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo do informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da devandita lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda do seu valor intrínseco; se ben non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Acepta-la doazón, feita por Nelson Zumel, o obxecto da cal o constitúen cincuenta e cinco cadros, relacionados no anexo que se xunta, da súa autoría e propiedade, incluídos os dereitos de reproducción e divulgación, coa condición de que sexan expostos permanentemente nos despachos e depedencias da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, once de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

1. Paseando por la playa, o/t, 31 x 37 cm.

2. Sen título, o/t, 21 x 30 cm.

3. Barcas, o/t, 21 x 31 cm.

4. Árbol, o/t, 33 x 41 cm.

5. El pintor y su esposa en las Catedrales (Foz, Galicia), 37 x 48 cm.

6. Paisaje, o/t, 28 x 38 cm.

7. Veleros, o/t, 21 x 39 cm.

8. Túnez, o/t, 27 x 45 cm.

9. Arnoya, o/l, 35 x 43 cm.

10. Regreso de la pesca, o/t, 35 x 61 cm.

11. Flores, o/t, 37 x 28 cm.

12. Sen título, o/t, 31 x 41 cm.

13. Ruinas en Túnez, o/t, 32 x 51 cm.

14. La hora del baño, o/t, 31 x 41 cm.

15. Regreso después de la pesca, o/t, 31 x 41 cm.

16. En el pueblo, o/t, 31 x 41 cm.

17. Picos de Europa, o/t, 38 x 28 cm.

18. Mar y nubes, o/t, 16 x 20 cm.

19. Mar y playa, o/t, 20 x 28 cm.

20. Marina, o/t, 46 x 41 cm.

21. Abstracción, o/t, 28 x 38 cm.

22. En Italia, o/t, 21 x 31 cm.

23. Jarrón con flores, o/t, 21 x 31 cm.

25. El perro de mi hijo, o/t, 20 x 30 cm.

27. Pueblo, o/t, 20 x 30 cm.

28. Rocas en el mar, o/t 24 x 30 cm.

29. Galicia, o/t, 20 x 30 cm.

30. Apunte, o/t, 27 x 14 cm.

31. Apunte, o/t, 21 x 31 cm.

32. Paisaje, o/t, 13 x 27 cm.

33. Apunte, o/t, 13 x 27 cm.

34. Nota, o/t, 15 x 27 cm.

35. Paisaje con casa, o/t, 15 x 27 cm.

36. Paisaje con caballos, o/t, 15 x 27 cm.

37. Apunte, o/t, 15 x 27 cm.

38. Retiro, o/t, 18 x 22 cm.

41. Navegando, o/t, 27 x 37 cm.

42. Compitiendo, o/t, 27 x 37 cm.

43. Costa de la Muerte, o/t, 27 x 37 cm.

44. Camino de Santiago, o/t, 27 x 37 cm.

45. La Albufera, o/t, 27 x 37 cm.

46. Paisaje, o/t, 27 x 37 cm.

47. Rebaño, o/t, 27 x 37 cm.

51. La Albufera, Valencia, o/t, 33 x 41 cm.

52. En Islandia, o/t, 33 x 41 cm.

53. (Título ilexible), o/t, 40 x 50 cm.

54. El pintor y su esposa en el Museo del Agua, Galicia, o/t, 41 x 61 cm.

55. Bodegón, o/t, 33 x 77 cm.

56. Florero, o/t, 48 x 60 cm.

57. Flores y cortina, o/t, 48 x 60 cm.

58. Costa de Perú, o/t, 48 x 60 cm.

59. Paisaje rocoso, o/t, 48 x 60 cm.

60. Valencia, o/t, 48 x 60 cm.

s/nº. Barca, o/t, 20 x 30 cm.

s/nº. Tunecina, o/t, 34 x 25 cm.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA