Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do mantemento e reparación en instalacións de iluminación pública do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Nº expediente: 3270/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento e reparación nas instalacións de iluminación pública.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 180 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 78.132 euros.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 10 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras información: documentación en Internet: www.vigo.org.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 17 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde