Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2002 pola que se publica a contratación da subministración de material eléctrico con destino á brigada de iluminación, para a súa reposición en instalacións municipais.

1.Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: subministración de material eléctrico con destino á brigada de iluminación, para a súa reposición en instalacións municipais. Prazo de entrega: tres días desde que sexa requirido polos servicios técnicos municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento de licitación: 49.771,77 euros, incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías: a) Provisional: 955,44 euros. b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, de 8 a 13.30 horas. d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 12 de abril de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde da Área