Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de concurso.

Aprobados por Decreto de Alcaldía, con data do 22 de abril de 2002, os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación, mediante concurso, dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso (A Coruña), expoñense ó público polo prazo de oito días naturais, para efectos de exame e reclamacións (que, de non presentarse, se entenderán definitivamente aprobados).

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, aínda que esta se aprazará no suposto de se produciren reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso (A Coruña).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oroso.

b) Prazo de execución: trece meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas aprobados por Decreto de Alcaldía, con data 22 de abril de 2002.

4. Orzamento de licitación.

O orzamento total previsto para o contrato é de 102.172,05 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisoria: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Oroso. Praza do Concello s/n, 15884 Sigüeiro. Teléfono: 981 69 14 78, fax: 981 69 17 86.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de claúsulas administrativas particulares.

8. Apertura de plicas.

Ás 19 (dezanove) horas do segundo día hábil seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións, terá lugar o acto público de apertura das proposicións económicas, constituíndose para estes efectos a mesa de contratación, que cualificará previamente os documentos presentados en tempo e forma. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar o seguinte día hábil posterior.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 23 de abril de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde-presidente