Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002 relativa á convocatoria para prover dous postos de axentes da policía local.

O BOP de Ourense nº 61, do 14 de marzo de 2002, publica integramente a convocatoria e bases de proceso selectivo para prover, mediante o sistema de oposición libre, dous postos de axentes da policía local vacantes no cadro funcionarial deste concello.

Os escritos nos que se solicite participar neste proceso selectivo poderán ser presentados durante o prazo de vinte días naturais seguintes a aquel en que a convocatoria apareza no Boletín Oficial del Estado.

Xinzo de Limia, 1 de abril de 2002.

José Antonio Feijó Alonso

Presidente