Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa de condicións de vida das familias.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/2.3.5/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa de condicións de vida das familias en 6.512 vivendas repartidas por todo o territorio galego.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 25, do 4 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 307.236,16 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de marzo de 2002.

b) Contratista: Enquisa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 299.990 euros.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estadística