Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro do 2002 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun local sito na rúa Pasteur, 22, da Coruña con destino ó Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma de Galicia, e 55 do seu regulamento, e a vista das competencias que teño atribuídas en base ó Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que polas peculiaridades do ben, dado que é o local no que actualmente se realiza toda a xestión de subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área A Coruña) e que o traslado ocasionaría moitos inconvenientes que redundarían nun empeoramento na prestación de servicios, ademais dun notable incremento do custo económico, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na rúa Pasteur, 22, da Coruña.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e do Servicio Galego de Saúde