Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa de índices de vendas de comercio polo miúdo.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/3.4.7/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa da información mensual para a elaboración dos índices de vendas de comercio polo miúdo en Galicia, dos meses de marzo a novembro de 2002.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 25, do 4 de febreiro de 2002; correccións de erros, DOG nº 32, do 13 de febreiro; DOG nº 37, do 20 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 51.086,03 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 8 de marzo de 2002.

b) Contratista: Obradoiro de Socioloxía, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 45.470,05 euros.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estadística