Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-001/02CEN, por infracción da Lei de conservación da natureza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG nº 171, do 4-9-2001).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se for o caso, facer proposta de probas concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 2 de abril de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 001/02CEN.

Denunciado: Ricardo Felipe Rodrigues Montero.

DNI: 10389054.

Último domicilio coñecido: Canidelo, Vila Nova de Gaia, Portugal.

Feito denunciado: acampar sen autorización no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Precepto infrinxido: artigo 3.5º f) do Decreto 29/1993, de declaración do parque natural.

Precepto sancionador: artigo 63.6º da Lei de conservación da natureza.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 601,02 euros.

Instructora: Miriam Areal López.