Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a resolución do monte Coto de San Silvestre-2, no concello de Leiro (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou na sesión que tivo lugar o vintesete de febreiro de dous mil dous adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Coto de San Silvestre-2, por solicitude dos veciños da parroquia de Serantes, do concello de Leiro (Ourense).

Resultando que con data do 21 de marzo de 1997, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños da parroquia de Serantes, concello de Leiro (Ourense), solicitando que se declare o monte Coto de San Silvestre-2 como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 30 de xuño de 1997, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores do mesmo a Abel Carvajales Santaeufemia e José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Ribadavia e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños da parroquia de Serantes, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Leiro, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Leiro, durante o prazo dun mes, segundo consta en

dilixencia anotada ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Ribadavia como segue:

Practicada anotación preventiva a favor da Comunidade de Veciños de Serantes (concello de Leiro) no folio 68 do libro 68 de Leiro, predio 9680, letra A.

Resultando que na reunión do xurado do 30 de setembro de 1998 se adoptou o acordo de nomear instructora a Míriam Areal López en substitución

de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que a parroquia de Serantes ten clasificados como veciñais en man común ó seu favor dous montes denominados respectivamente Coto de San Silvestre (clasificado con data 12 de xuño de 1973) e Monte Rañadoiro, Regueira Vella e outros (de data 23 de xuño de 1973).

Resultando que das investigacións practicadas e do informe do Servicio de Montes e Industrias Forestais se desprende que o monte denominado Coto de San Silvestre-2 se atopa xa clasificado a favor dos veciños de Serantes por resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común con data 12 de xuño de 1973.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais.

2. Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado.

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano.

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable.

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que no presente caso o monte reúne os requisitos para a súa clasificación, e sen embargo, á vista do informe do Servicio de Montes e IF e demais actuacións practicadas na superficiación da clasificación que se solicita, coincide coa xa clasificada por acordo de data 12 de xuño de 1975 baixo a denominación de Coto de San Silvestre e para os veciños da parroquia de Serantes, o que fai imposible unha nova clasificación.

Considerando que segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños da parroquia de Serantes e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Non clasificar como veciñal en man común o denominado Coto de San Silvestre-2, no concello de Leiro, coa superficie e descrición que constaba nos antecedentes segundo a investigación.

Notifíquelles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Leiro, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que lles fará saber que esta resolución, que esgota a vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición postestativo perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 27 de febreiro de 2002.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense