Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 313/2000.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 313/2000.

Acta nº: 1879/1999.

Empresa: Datsima Obras y Reformas, S.L.

DNI/NIF: B36842086.

Enderezo: Gran Vía, 144, 7º C, Vigo.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.365,67.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante da notificación.

Vigo, 15 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra