Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de abril de 2002 pola que se establece o Plan Experimental de Creación de Seccións Europeas destinadas a potencia-la aprendizaxe de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria e centros públicos integrados.

A aprendizaxe de linguas estranxeiras constitúe un elemento esencial no proceso de construcción da Unión Europea e no fomento da mobilidade dos seus cidadáns. Por esta razón, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén levando a cabo, desde o curso 1999-2000, diversas accións que conforman o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, dirixido ó alumnado das ensinanzas de réxime xeral non universitarias e ó seu profesorado.

Deste xeito, a Orde do 26 de xullo de 2001 (DOG do 17 de agosto) determina as tres modalidades que compoñen o plan de potenciación das ensinanzas de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria e a Orde do 26 de xullo de 2001 (DOG do 14 de agosto) as encamiñadas á anticipación das linguas estranxeiras na educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria.

Paralelamente ó establecemento destas convocatorias vénse levando a cabo un proxecto piloto de constitución de seccións europeas, nas que as actividades de ensino-aprendizaxe dunha área ou materia do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria se realizan de xeito bilingüe, coa incorporación paulatina dunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

A avaliación inicial desa primeira experiencia posibilita agora engadir ó Plan de Potenciación de Idiomas unha nova liña de actuación, de carácter experimental e polo tanto restrinxido, na que se amplía o ámbito das seccións europeas. A súa finalidade é comeza-lo proceso que permita establecer, de xeito normativo, as características que nun futuro próximo poidan determina-la participación dos centros educativos da nosa comunidade na configuración de seccións europeas.

En consecuencia, e en virtude das competencias que lle son atribuídas pola normativa vixente, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto desta orde é establecer nos institutos de educación secundaria (IES) e centros públicos integrados (CPI) da Comunidade Autónoma de Galicia un plan experimental de constitución de seccións europeas, que se estenderá ata un máximo de 20 centros.

2. Unha sección europea é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, que en cada nivel cursa un grupo de alumnos, de xeito bilingüe, en galego ou castelán e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

3. A incorporación da lingua estranxeira na sección europea farase progresivamente incrementando a súa presencia ó longo do seu desenvolvemento.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Ábrese a convocatoria para a autorización destas ensinanzas experimentais nos IES e CPI que así o soliciten, de acordo co establecido nos artigos 6 e 7 desta orde.

Artigo 3º.- Acceso do alumnado.

1. Poderá comezar a cursa-las ensinanzas sinaladas o alumnado matriculado no 3º curso de educación secundaria obrigatoria (ESO).

2. Para acceder a unha sección europea o alumnado deberá ter sido avaliado positivamente no primeiro ciclo da ESO, cunha cualificación mínima de ben na área ou materia de lingua estranxeira obxecto da sección europea.

3. O alumnado que forme parte dunha sección europea non poderá abandonala antes de remata-lo curso escolar, salvo por razóns xustificadas ante a dirección do centro e coa autorización desta.

4. Cada alumno deberá contar coa autorización escrita dos seus pais ou titores legais para poder participar nunha sección europea.

5. No caso do bacharelato, unha sección europea poderá ter continuidade nunha das materias adscritas ó departamento didáctico que a impartiu en 4º curso da ESO. Neste caso a dirección do centro

poderá incorporar novo alumnado sempre que fose avaliado positivamente en 4º da ESO, cunha cualificación mínima de ben na área ou materia de lingua estranxeira obxecto da sección europea.

Artigo 4º.-Alumnado.

1. O grupo de alumnos poderá recibir un ou dous períodos semanais de clase de reforzo do idioma, como ampliación ó seu horario lectivo, que serán impartidos polo profesorado especialista de lingua estranxeira, se as necesidades formativas así o requiren e os recursos do centro o permiten.

2. Ó remate de cada curso o alumnado que sexa cualificado positivamente na área ou materia obxecto da sección europea e na correspondente lingua estranxeira recibirá unha acreditación oficial expedida polo centro conforme participou nunha sección europea, que se fará constar mediante dilixencia no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. O profesorado de área, que deberá ter destino definitivo no propio centro, terá que imparti-la súa área ou materia durante todo o segundo ciclo da ESO e bacharelato, se é o caso, para lle poder garantir ó alumnado a oferta da sección europea ata o remate da súa escolaridade obrigatoria ou post-obrigatoria.

2. O departamento da correspondente lingua estranxeira comprometerase á coordinación co profesor de área ou materia da sección europea, así como ó posible apoio ó alumnado recollido no punto 1 do artigo 4.

3. O profesorado de área ou materia de seccións europeas comprometerase a participar na formación que se deseñe para o efecto.

4. Para cada grupo de alumnos de sección europea o centro establecerá procedementos que permitan garanti-la coordinación semanal das actuacións entre o profesorado da área ou materia e o da correspondente lingua estranxeira.

5. O profesorado, tanto de área como de lingua estranxeira, responsable da sección europea poderá ter reducción horaria no ámbito das horas complementarias, no que se refire ás gardas, a razón dun período semanal por cada nivel de sección europea que imparta. No caso de impartir un ou dous períodos semanais de reforzo de idioma da sección europea, estes computarán como lectivos para o profesorado especialista de idioma. En ningún caso estas reduccións e horas de reforzo poderán implicar aumento do número de profesores do centro.

6. Dado que esta actividade se encadra no plan de potenciación de idiomas, o profesorado de área recibirá certificación segundo o disposto no artigo 25 da orde do 3 de setembro de 2001 (DOG do 10 de setembro) de ter participado neste plan experimental de seccións europeas. A citada certificación será expedida pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Así mesmo, teráselle en conta a súa participación nunha sección europea á hora de solicitar un programa europeo, segundo o que se estableza nas distintas convocatorias.

Artigo 6º.-Condicións de autorización.

1. Non se autorizarán máis de dúas seccións europeas en cada centro. No caso de autorizarse dúas de diferentes linguas estranxeiras, non poderán afectar a un mesmo grupo de alumnos.

2. As materias de tipo lingüístico non poderán ser obxecto das ensinanzas contempladas nesta orde como área ou materia de sección europea.

3. Ademais dos requisitos recollidos nos puntos 1, 2 e 3 do artigo anterior deberá contarse coa aprobación do claustro de profesores e do consello escolar do centro.

4. O profesorado de área deberá acreditar te-los coñecementos pertinentes no idioma estranxeiro mediante a presentación de documentación que así o xustifique. Así, a titulación mínima esixible será a do ciclo elemental das ensinanzas de réxime especial de idiomas impartidas nas escolas oficiais de idiomas. No caso de acreditar outras titulacións, corresponderalle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a determinación da validación destas para efectos de poder participar nunha sección europea.

5. A cada sección europea autorizada adscribirase ó profesorado pertencente a un mesmo departamento didáctico que cumpra coa condición establecida no punto anterior e que forme parte da correspondente solicitude.

6. Os grupos resultantes terán un mínimo de quince alumnos. Con carácter excepcional, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá autoriza-la formación de grupos cun número menor de alumnos en 4º de ESO e bacharelato. Para tal fin, os centros que se atopen nesta circunstancia deberán solicitalo, a través do correspondente servicio provincial de inspección, á citada dirección xeral.

Artigo 7º.-Documentación da solicitude.

1. Os centros interesados en participar nesta experiencia deberán xuntar coa súa solicitude da seguinte documentación:

a) Certificación da aprobación do proxecto polo consello escolar.

b) Certificación do acordo do claustro, con mención explícita do compromiso de mante-lo profesorado da área ó fronte da sección europea ó longo do desenvolvemento desta, así como do compromiso do departamento didáctico da correspondente lingua estranxeira de colaboración na coordinación de tarefas.

c) Relación do profesorado de área para o que se solicita, segundo o disposto no punto 5 do artigo 6, a adscrición da sección europea, xunto coas acre

ditacións ás que se fai referencia no punto 4 do citado artigo.

d) Certificación da dirección do centro coa relación nominal do alumnado solicitante, na que deberá constar que contan coa autorización dos seus pais ou titores legais.

Artigo 8º.-Criterios de selección.

1. Poderán solicita-la participación neste plan experimental tódolos IES e CPI da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos sinalados nos artigos 6 e 7 da presente orde de convocatoria.

2. Na selección terase en conta:

a) Titulación no idioma obxecto da sección europea do profesorado de área ou materia.

b) Número de alumnos participantes.

c) Número de profesores que estean acreditados de acordo co apartado 4 do artigo 6.

d) Tipo de centro.

e) Distribución xeográfica das solicitudes.

Artigo 9º.-Solicitude e prazo de presentación.

1. A solicitude de autorización formulada pola dirección do centro, xunto con tódolos documentos xustificativos mencionados nos artigos 6º e 7º, deberase tramitar perante a delegación provincial correspondente antes do 28 de xuño de 2002.

2. As delegacións provinciais remitiranlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, antes do 12 de xullo de 2002, as solicitudes de autorización xunto cun informe da inspección educativa, que deberá facer constar se o proxecto presentado recolle tódolos requisitos que se establecen nos artigos 6 e 7 da presente orde.

3. A autorización da participación neste plan experimental de seccións europeas nos IES e CPI, corresponderalle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Artigo 10º.-Formación do profesorado e seguimento do plan.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional encargarase da elaboración e convocatoria de actividades de formación para os profesores de área das seccións europeas que se autoricen. Así mesmo, propiciará canles de información e intercambio entre os centros participantes e a propia Administración educativa, co fin de levar a cabo unha avaliación deste plan experimental.

Para o seu seguimento contarase coa colaboración dos servicios de inspección das distintas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que emitirán un informe por cada sección reflectindo a avaliación do desenvolvemento do plan, incluíndo as valoracións dos alum

nos, dos seus pais, nais ou titores legais, e da dirección do centro. Así mesmo, valorarase a proposta de prórroga da sección europea.

Artigo 11º.-Memoria final de curso.

Ó remata-lo curso lectivo, o profesorado de área ou materia a cargo de cada sección europea deberá remitir unha memoria avaliativa á correspondente delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que a tramitará á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional acompañada do informe da inspección educativa citado no artigo anterior. A citada memoria, que deberá contar co visto e prace da dirección do centro, tratará sobre a posta en marcha e desenvolvemento da sección europea, os datos do alumnado, as implicacións na organización do centro, así como observacións e conclusións. Así mesmo, incluirá as contribucións do correspondente departamento de lingua estranxeira.

Artigo 12º.-Prórroga.

Xunto coa memoria final de curso, a dirección do centro deberá certificar se para o seguinte curso se seguen a cumpri-las condicións polas que foron autorizadas as súas seccións europeas.

Artigo 13º.-Remate da participación no proxecto.

Os centros que resulten autorizados para o desenvolvemento de seccións europeas e que no seu momento desexen remata-la súa participación deberán comunicalo, a través da inspección educativa da delegación provincial correspondente, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional antes do 30 de xuño.

Disposición adicional

Única.-Como consecuencia da avaliación realizada do proxecto piloto, autorízase o desenvolvemento de seccións europeas definido na presente orde nos centros que se recollen no anexo.

Disposición derradeira

Única.-Autorízase as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional e de Centros e Inspección Educativa para dictar cantas normas sexan oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CentroLocalidadeÁrea ou materiaLingua

extranxeira

IES Campo de San AlbertoNoiaCiencias da naturezaInglés

IES de PontepedriñaSantiago de CompostelaCiencias da natureza

Música

Inglés

Inglés

CentroLocalidadeÁrea ou materiaLingua

extranxeira

IES de SarSantiago de CompostelaMúsicaFrancés

IES Xelmírez ISantiago de CompostelaCiencias da natureza

Educación física

Francés

Frances

IES de TeisVigoCiencias da naturezaFrancés