Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.025

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O Decreto 161/2000, do 29 de xuño, estableceu a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais nun momento no que a asunción das súas competencias e a redistribución das xa existentes dentro da consellería facía imprescindible proceder a unha fonda reestructuración dela.

Con posterioridade, o Decreto 120/2001, do 10 de maio, incorporou á estructura dúas novas unidades administrativas e eliminou a referencia ó Servicio de Obxección de Conciencia, creando un Servicio de Voluntariado. Modificou tamén a denominación doutras unidades administrativas que, sen embargo, mantiveron as súas funcións.

A Dirección Xeral de Administración Local, creada polo citado Decreto 161/2000, desde a súa orixe viu incrementadas dun xeito considerable as competencias que debía desenvolver, evidenciando un continuo crecemento no exercicio das competencias que lle son propias, ó que se lle debe engadi-la asunción de novos retos entre os que pode salientarse o desenvolvemento do pacto local, a elaboración, desenvolvemento e modificación das diversas leis que atribúen competencias no ámbito da Administración local á Comunidade Autónoma de Galicia, ou mesmo a implantación das novas tecnoloxías da comunicación nas entidades locais galegas, cun especial sinalamento do portal Eido Local, que a penas acaba de comeza-la súa andaina e presenta unhas grandes posibilidades de desenvolvemento. É por iso que cómpre unha reorganización das súas funcións dotándoa coas unidades precisas para atenderen co rigor e eficacia precisas as competencias que se lle atribúen. Debe sinalarse que as competencias que tiña

atribuídas na materia de voluntariado, na actualidade correspóndelle á Consellería de Asuntos Sociais.

No que respecta á Dirección Xeral de Xustiza, mantendo os órganos que compoñen a súa estructura, cómpre unha reorganización deles. Así, os servicios de xestión de persoal e xerencia de xustiza, conservando as súas funcións adscríbense a unha subdirección xeral distinta da que tiñan dependencia orgánica, buscando sempre unha maior eficiencia na súa actuación. En consecuencia as subdireccións existentes modifícanse así mesmo na súa denominación e atribucións.

Tendo en conta estas modificacións considérase máis axeitada a integración das modificacións que se precisa efectuar, coa estructura que permanece vixente a través dunha única norma de referencia, xa que o mantemento de tres normas en vigor para a determinación da estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais resultaría contrario ós principios de eficacia e seguridade xurídica. Ó tempo aprovéitase para actualiza-la rela

ción dos órganos colexiados adscritos á consellería, actualiza-la normas referenciadas e efectuar cambios puntuais que redundan nunha maior precisión da norma e, xa que logo, na claridade dela.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, cos informes previos das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito competencial.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais é o departamento da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponden as competencias e as funcións en materia de xustiza, réxime local, colexios profesionais, policía autonómica, coordinación das policías locais, casinos, xogos e apostas, seguridade, asociacións, espectáculos públicos, política laboral, relacións laborais, seguridade e saúde laboral e protección civil de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º.-Estructura da consellería.

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, baixo a superior dirección do seu titular, estructúrase nos seguintes órganos:

I. O Conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Xustiza.

IV. A Dirección Xeral de Relacións Laborais.

V. A Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

VI. A Dirección Xeral de Administración Local.

VII. As delegacións provinciais.

VIII. Os órganos colexiados adscritos.

2. A Academia Galega de Seguridade, organismo autónomo de carácter administrativo, queda adscrito organicamente á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, axustándose, en canto ós fins, á súa estructura orgánica e ó seu funcionamento, ó previsto na Lei de Galicia 4/1992, do 9 de abril, de creación, e demais normas que a desenvolvan.

Artigo 3º.-O Conselleiro.

O Conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Artigo 4º.-Atribucións da Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e a inspección de centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, as que lle atribúa a normativa en vigor, así como aquelas que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Artigo 5º.-Estructura da Secretaría Xeral.

Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

A ela correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión do persoal adscrito á consellería, tanto funcionario como laboral, sen prexuízo da competencia da Dirección Xeral de Xustiza con respecto ó persoal da Administración de xustiza.

b) A confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control.

c) A xestión dos expedientes de contratación administrativa, segundo as competencias que na materia teña atribuídas o secretario xeral.

d) Velar pola correcta implantación dos sistemas de informatización dentro da consellería e do sistema de xestión dos procedementos administrativos, así como de tódolos labores inherentes á racionalización administrativa sen prexuízo das competencias nesta materia da Inspección Xeral de Servicios.

e) Coidar do correcto funcionamento do rexistro xeral da consellería, do arquivo e os restantes aspectos relacionados co réxime interior.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades a nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Xestión Económica e Persoal.

Correspóndelle a xestión e o seguimento da materia orzamentaria así como as funcións de tramitación dos asuntos do persoal adscrito á consellería, ben sexa de carácter laboral ou funcionario, agás o persoal ó servicio da Administración de xustiza.

1.2. Servicio de Contratación e Obras.

Correspóndelle a xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servicios públicos, subministracións, consultorías e asistencias, ou calquera outra figura contractual análoga, así como os convenios de colaboración con outros entes públicos en materia de investimento. Corresponderalle, así mesmo, o seguimento e control da execución dos contratos.

2. Da Secretaría Xeral dependerá, de modo directo e inmediato, a seguinte unidade administrativa:

2.1. Servicio Técnico Xurídico.

Correspóndelle o estudio, tramitación e, se é o caso, a elaboración de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas dela; o estudio, tramitación e propostas de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanadas dos distintos órganos da consellería, cando aquelas non estean atribuídas a outros órganos desta; a elaboración dos estudios e informes que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral, ademais do estudio, preparación e informe dos asuntos que se

elevan ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos deste; a coordinación, dentro da consellería, da publicación no Diario Oficial de Galicia de tódalas disposicións e actos administrativos dictados polos seus órganos, así como a súa remisión; levar a cabo as funcións que a consellería teña encomendadas sobre as fundacións de interese galego sobre as que exerza o protectorado; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

Artigo 6º.-Unidades con adscrición orgánica.

Integradas organicamente na Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

1. Asesoría Xurídica, que depende funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

2. Intervención Delegada, que depende funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Artigo 7º.-Atribucións da Dirección Xeral de Xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza exercerá as competencias que lle corresponden estatutariamente á Xunta de Galicia e nos asuntos transferidos nas materias seguintes:

a) As relacións co poder xudicial, Ministerio de Xustiza e demais institucións relacionadas co ámbito xurisdiccional.

b) A xestión dos medios materiais dos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma.

c) A proposición das modificacións sobre demarcacións xudiciais.

d) A participación na fixación das demarcacións territoriais dos rexistros e notarías.

e) A tramitación dos expedientes de nomeamento de notarios e rexistradores.

f) Colexios profesionais.

g) A xestión do persoal ó servicio da Administración de xustiza, e a súa formación.

h) A promoción do uso do galego na Administración de xustiza, en colaboración coa a Dirección Xeral de Política Lingüística.

i) A xestión da asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 8º.-Estructura da Dirección Xeral de Xustiza.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xustiza estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e Recursos Humanos.

Á Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e Recursos Humanos correspóndelle, dentro das competencias asumidas pola Xunta de Galicia, executa-las directrices da Dirección Xeral en materia de colexios profesionais, persoal ó servicio da Administración de xustiza, así como nas materias relacionadas coa Administración de xustiza e co Consello Xeral do Poder Xudicial que

veñan establecidas nas disposicións xerais correspondentes:

A. En materia de relacións coa Administración de xustiza:

a) A proposta de convocatoria das prazas vacantes de maxistrados, xuíces e secretarios xudiciais.

b) A realización dos estudios e informes para elabora-las propostas de modificación de demarcación territorial dos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma.

c) A participación na fixación das demarcacións territoriais dos rexistros da propiedade e mercantís, así como das notarías.

d) A tramitación do expediente de nomeamentos de notarios e rexistradores.

e) A preparación e coordinación dos estudios para o desenvolvemento do dereito galego.

f) A formación continuada dos membros da carreira xudicial, e membros do Ministerio Fiscal, en cooperación co Consello Xeral do Poder Xudicial, e dos secretarios xudiciais en cooperación co Ministerio de Xustiza.

g) A xestión da asistencia xurídica gratuíta.

h) A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

B. En materia de persoal:

a) Exerce-las competencias que, con respecto ó persoal, funcionario ou laboral, ó servicio da Administración de xustiza lle correspondan á Comunidade Autónoma, dentro da ordenación xeral que nesta materia se estableza e sempre que non estean atribuídas a outros organismos.

b) Exerce-las competencias que correspondan en relación co Rexistro de Persoal e a Inspección Xeral de Servicios.

c) Coidar do cumprimento da lexislación específica en materia de persoal, adoptando, ou, se é o caso, propoñendo as medidas precisas para isto, e exercer calquera outra función que lle atribúa a normativa vixente.

d) A mutua colaboración cos órganos de goberno interno dos tribunais e xulgados.

e) Formación do persoal ó servicio da Administración de xustiza.

C. En materia de relacións sindicais:

a) Exerce-la representación que lle corresponda, se é o caso, ó departamento nas conversas e negociacións que se establezan coas centrais sindicais, comités ou outros órganos de representación do persoal ó servicio da Administración de xustiza, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

b) Representa-lo departamento naqueles órganos ou comisións que deriven de acordos ou convenios alcanzados ou subscritos coa representación do dito persoal, salvo que nestes expresamente se lle atribuíse a outro órgano.

c) Promover accións e, se é o caso, xestionar servicios de carácter social destinados a mellora-las condicións de traballo do dito persoal, conforme a normativa vixente.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Relacións coa Administración de Xustiza.

Executará as directrices que lle sexan encomendadas pola subdirección xeral, elaborando ademais os estudios e propostas correspondentes nos asuntos relacionados coa Administración de xustiza, en xeral, tales como demarcación territorial dos órganos xudiciais, participación na fixación da demarcación territorial dos rexistros da propiedade e mercantís, así como das notarías, fixación do número de notarios segundo o establecido nas leis do Estado, nomeamento de notarios e rexistradores, propostas de convocatoria das vacantes de maxistrados, xuíces e secretarios xudiciais, colaboracións administrativas para aqueles estudios orientados ó desenvolvemento do dereito galego, desenvolvemento dos convenios asinados con outras institucións relacionadas coa materia xudicial, tramitación dos expedientes de axudas económicas que se concedan a aquelas institucións que realicen actividades acordes cos fins da Administración de xustiza, normalización lingüística do galego na Administración de

xustiza, e demais funcións que, incluídas no ámbito descrito, lle sexan asignadas.

1.2. Servicio de Xestión de Persoal.

Exercerá as directrices que en materia de xestión de persoal e relacións sindicais lle sexan encomendadas pola subdirección xeral, elaborando ademais os estudios ou propostas correspondentes nos asuntos relacionados co persoal da Administración de xustiza, en xeral, segundo as competencias que resultan dos correspondentes regulamentos orgánicos.

1.3. Servicio de Xerencia.

Executará as directrices que lle sexan encomendadas pola subdirección xeral, con especial incidencia no relativo á xestión das nóminas de haberes do persoal da Administración de xustiza, e á xestión do persoal interino e substituto ó servicio da Administración de xustiza.

2. Subdirección Xeral de Recursos Materiais e Informáticos da Administración de Xustiza.

Á Subdirección Xeral de Recursos Materiais e Informáticos da Administración de Xustiza correspóndelle dentro das competencias asumidas pola Xunta de Galicia executa-las directrices da dirección xeral nas seguintes áreas:

A. En materia de medios materiais:

Planificación e coordinación das actuacións encamiñadas á mellor distribución dos recursos que a consellería pon á disposición da Administración de xustiza. Elaboración e seguimento dos programas e proxectos que corresponden ó departamento relacionados coa mellora do sistema xudicial, informes e subministracións.

B. En materia de informática xudicial:

A elaboración e execución do plan para a informatización do sistema xudicial de Galicia, así como o deseño, programación e mantemento de aplicacións informáticas, xunto coa prestación de asistencia técnica nesta materia, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e do establecido no Decreto 290/1992, do 8 de outubro, polo que se modifica a composición e funcións da Comisión de Informática da Xunta de Galicia.

C. En materia orzamentaria:

Elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade:

2.1. Servicio de Recursos Materiais e Informáticos.

Desenvolverá as directrices que lle sexan encomendadas pola subdirección xeral en canto á tramitación dos expedientes referentes ás materias de colaboración coa Administración de xustiza na achega de recursos materiais e investimentos para a adecuación dos órganos xudiciais á Lei de demarcación e planta. Así mesmo, a execución do Plan para a Informatización do Sistema Xudicial de Galicia, así como a execución relativa ó deseño, programación e mantemento das aplicacións informáticas e a prestación da asistencia técnica necesaria, en coordinación coa Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

3. Do director xeral dependerá de modo directo e inmediato a seguinte unidade administrativa:

3.1. Servicio de Xestión Económica.

Correspóndenlle as funcións relacionadas coa elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente á dirección xeral, o control, seguimento e avaliación, así como a coordinación da xestión económica e orzamentaria dela.

Artigo 9º.-Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Relacións Laborais a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, seguridade e saúde laboral no traballo, cooperativas e empresas de economía social, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con respecto ó fomento do emprego a través das empresas de economía social, e doutras consellerías na materia de cooperativas.

Artigo 10º.-Estructura da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Para o desenvolvemento das súas funcións estructurarase nas unidades que a continuación se relacionan e que terán atribuídas as seguintes funcións:

1. Subdirección Xeral de Traballo.

Á Subdirección Xeral de Traballo correspóndelle:

a) A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comuni

dade Autónoma en materia laboral, así como a modulación das relacións cos axentes sociais.

b) A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación, e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coa seguinte unidade:

1.1. Servicio de Relacións Laborais, ó que lle corresponde a instrucción, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de regulación de emprego, e daqueloutros sobre relacións individuais ou colectivas atribuídas á Administración laboral; a xestión e tramitación das axudas equivalentes a xubilacións anticipadas e outras análogas a traballadores en empresas en crise non suxeitas a plans de reconversión; a tramitación e proposta de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións laborais da competencia da dirección xeral; o depósito, rexistro e publicación de convenios colectivos, adhesión e instrucción dos procedementos de extensión de convenios colectivos; o depósito de estatutos dos sindicatos e das asociacións empresariais e a expedición de certificación de documentación en depósito; a execución e coordinación das funcións que lle corresponden á autoridade laboral en materia de eleccións sindicais; a recepción, seguimento e coordinación das declaracións de folgas e

peches patronais; a xestión e instrucción dos procedementos e o desenvolvemento das funcións de mediación, arbitraxe e conciliación; a autorización administrativa e o rexistro das empresas de traballo temporal; a xestión das subvencións a centrais sindicais; a elaboración de estatísticas de relacións laborais; e, en xeral, todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

2. Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

Á Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral correspóndelle:

a) A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de prevención de riscos laborais.

b) O establecemento de vías de colaboración e cooperación técnica e institucional con organismos e institucións con competencias na materia, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente atribúe á Consellería de Industria e Comercio no referente a traballos en minas, canteiras e túneles que esixan a aplicación da técnica mineira.

c) A coordinación das actuacións dos centros provinciais de seguridade e saúde laboral, de acordo coas políticas establecidas para a prevención de riscos laborais.

d) A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade:

2.1. Servicio de Seguridade e Saúde Laboral, ó que lle corresponde a tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións a entidades formativas, para impartir cursos de niveis intermedio e superior de prevención de riscos laborais; a tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións dos servicios de prevención alleos e auditorías de prevención; a elaboración de estatísticas sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais; a xestión e seguimento de programas comunitarios en materia de prevención de riscos laborais; a execución do orzamento de gasto asignado ó programa de seguridade e saúde laboral no traballo; o exercicio das actividades da Secretaría do Consello Galego de Seguridade e Hixiene no Traballo; e, en xeral, todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

3. Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.

Á Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social correspóndelle:

a) A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de cooperativas e outras empresas de economía social sen prexuízo das competencias doutras consellerías nesta materia, así como a modulación das relacións cos axentes sociais.

b) A elaboración do borrador do anteproxecto de orzamento anual correspondente ó seu programa de gasto, o seu seguimento e control.

c) A elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

d) O impulso das relacións intercooperativas.

e) A coordinación dos rexistros provinciais de cooperativas.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade:

3.1. Servicio de Cooperativas e Economía Social, ó que lle corresponde a cualificación, inscrición e certificación dos actos que deben acceder ó rexistro xurídico de cooperativas central, e os depósitos relativos ás asociacións de cooperativas; a tramitación de expedientes sancionadores por infracción da normativa cooperativa, así como de procedementos de adopción de medidas de intervención temporal e de descualificación de cooperativas; a cualificación e inscrición no rexistro administrativo de sociedades laborais e expedición de certificacións; a cualificación e inscrición no rexistro administrativo de centros especiais de emprego e expedición de certificacións; a información e asesoramento en materia de cooperativa e de empresas de economía social, así como o impulso das relacións intercooperativas; a coordinación dos rexistros provinciais de cooperativas; a planificación, xestión e control das axudas a cooperativas, sociedades laborais e as súas asociacións; a execución dos

programas de promoción e divulgación do cooperativismo e doutras formas de economía social; a elaboración de estatísticas,

realización e coordinación de estudios sobre cooperativas e empresas de economía social; o desenvolvemento e a xestión daqueloutras funcións atribuídas á autoridade laboral na normativa de cooperativas e sociedades laborais; e, en xeral, todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

Artigo 11º.-Atribucións da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil correspóndelle a xestión e resolución dos asuntos transferidos e os relacionados coas competencias que lle corresponden estatutariamente á Xunta de Galicia nas seguintes materias:

A. En materia de interior:

a) Casinos, xogos e apostas.

b) Asociacións.

c) Espectáculos públicos.

B. En materia de seguridade:

a) Baixo a superior autoridade do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, exerce-la xefatura dos servicios de seguridade.

b) Planificar, xestionar e distribuí-los recursos humanos e materiais destinados á seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As funcións de coordinación das policías locais que correspondan á Comunidade Autónoma.

d) Decidir ou propoñer, se é o caso, a resolución das cuestións relativas á selección, formación e perfeccionamento do persoal adscrito ós servicios policiais da Xunta de Galicia.

e) Elaborar e propoñe-los plans e proxectos de actuación operativa dos servicios policiais e de xestión e planificación adscritos á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

f) Establece-las canles apropiadas de cooperación coas forzas e corpos de seguridade do Estado e o seguimento da homoxeneización dos medios técnicos das policías locais.

g) Elaborar cantos informes e estudios requira e esixa o exercicio das competencias que lle corresponden á consellería en materia de prevención e seguridade.

h) Propoñer e executa-los plans de seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Calquera outra que por disposición legal se lle encomende.

C. En materia de protección civil:

a) A planificación das correspondentes accións e funcións que debe desenvolve-la Comunidade Autónoma galega.

b) A elaboración dos plans territoriais e especiais que se indican na norma básica de protección civil, no seu ámbito competencial.

c) A coordinación e, se é o caso, a dirección dos plans de protección civil indicados no punto anterior, así como a coordinación, a nivel preventivo e ope

rativo, de tódolos medios e recursos que posúen os organismos e institucións dependentes da Xunta de Galicia nesta materia, así como doutras administracións públicas nos casos que corresponda.

d) A preparación dos convenios de cooperación coa Administración estatal, autonómica e local, e de colaboración con aquelas institucións e organismos privados que estean relacionados coa protección civil.

e) A realización e fomento das actividades formativas e divulgativas que contribúan ó perfeccionamento técnico e á eficacia operativa en materia de protección civil, así como o obxectivo de mentalización da poboación no eido da autoprotección e da protección civil, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade.

f) As relacións da Administración autonómica con outras administracións públicas e internacionais, en cuestións relativas á protección civil e á emisión de informes, cando proceda, nos temas relacionados coas ditas cuestións.

g) O apoio administrativo e técnico á Comisión de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, executando os acordos e desenvolvendo as propostas que esta estableza.

h) A cooperación nas operacións relacionadas con accidentes que teñen lugar no mar, sen repercusións en costa e terra firme, sen prexuízo das competencias que nesta materia ten atribuídas a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

i) A planificación, coordinación e xestión do Servicio Único de Emerxencias da Unión Europea 112.

j) A planificación, coordinación e promoción da seguridade vial naquelas competencias que lle correspondan.

k) O desenvolvemento das funcións encomendadas polo Consello de Seguridade Nuclear á Xunta de Galicia en materia de vixilancia radiolóxica.

Artigo 12º.-Estructura da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Xogo, Asociacións e Espectáculos Públicos.

A Subdirección Xeral de Xogo, Asociacións e Espectáculos Públicos exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices emanadas da dirección xeral para o desenvolvemento da xestión administrativa nas materias de casinos, xogos e apostas, a coordinación dos distintos servicios de inspección de xogo e asociacións e espectáculos públicos.

b) A tramitación e proposta de resolución nos expedientes administrativos referentes ás materias indicadas anteriormente, así como a execución das resolucións dictadas neles.

c) A preparación dos correspondentes estudios e proxectos de disposicións xerais.

d) A compilación de datos estatísticos e demais información regulamentaria nas citadas materias.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Xogo, ó que lle corresponde a execución das directrices que lle sexan indicadas pola subdirección xeral para a xestión dos asuntos e expedientes administrativos relacionados cos distintos sectores do xogo, colaborando na preparación dos informes ou estudios encamiñados á elaboración das propostas de disposicións xerais nas citadas materias, así como para a recollida da información estatística das empresas correspondentes e demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

1.2. Servicio de Asociacións e Espectáculos, ó que lle corresponde a tramitación dos expedientes de inscrición de asociacións; a xestión do Rexistro Central de Asociacións e a súa coordinación cos rexistros provinciais; así como a xestión administrativa en materia de espectáculos públicos e a tramitación dos correspondentes expedientes sancionadores da competencia desta dirección xeral.

2. Subdirección Xeral de Seguridade e Réxime Interior.

Á Subdirección Xeral de Seguridade e Réxime Interior correspóndelle:

a) A planificación e xestión dos recursos dependentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil en materia de seguridade e interior.

b) A elaboración de propostas de formación e perfeccionamento do persoal de seguridade.

c) A elaboración de estudios e análises de políticas preventivas e plans de previsión sobre política de seguridade autonómica.

d) Executa-las directrices da dirección xeral, en materia de coordinación de policías locais.

e) A dirección inmediata dos servicios de seguridade tendentes a velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares dictadas polos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A vixilancia e protección de persoas, órganos, edificios, establecementos e dependencias da Comunidade Autónoma e dos seus entes instrumentais, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos usuarios dos seus servicios.

g) A inspección das actividades sometidas á ordenación e disciplina da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) O uso da coacción en orde á execución forzosa dos actos e disposicións da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) O estudio, programación, coordinación e control dos plans operativos de seguridade que se estructuren en apoio das actuacións da Comunidade Autónoma de Galicia.

j) A organización, selección, distribución e control dos recursos en función dos plans e servicios que se determinen.

k) O desenvolvemento das tarefas de cooperación operativa dos corpos de seguridade dependentes doutras administracións e con outras entidades e institucións públicas e privadas.

l) Elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

Para o exercicio de tales funcións contará coa seguinte unidade:

2.1. Servicio de Planificación e Xestión, ó que lle corresponde o seguimento da homoxeneización dos medios técnicos das policías locais de Galicia; os estudios e análises de política preventiva; a elaboración de propostas de formación e perfeccionamento do persoal de seguridade dependente da Xunta de Galicia; estudiar, programar e propoñe-los plans operativos de seguridade, que se estructuren en apoio das actuacións da Comunidade Autónoma de Galicia; formula-las propostas necesarias para a organización, selección, distribución e control dos recursos en función dos plans e servicios que se determinen; desenvolve-las tarefas que se lle encomenden en relación cos corpos de seguridade dependentes doutras administracións e con outras entidades e institucións públicas e privadas.

3. Subdirección Xeral de Protección Civil.

Á Subdirección Xeral de Protección Civil correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A planificación e xestión dos recursos dependentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, en materia de protección civil.

b) A organización, a nivel central e provincial, das actividades especificas de protección civil, tanto no aspecto preventivo como operativo.

c) A coordinación dos comités operativos de protección civil da Xunta de Galicia e dos medios e recursos intervenientes que sexan necesarios en operativos e plans de protección civil de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

e) A coordinación, seguimento e avaliación das accións contidas no programa de actuación da dirección xeral, en materia de protección civil.

f) A promoción dos estudios necesarios para a realización do inventario de riscos e o catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa actualización permanente.

g) A información e asesoramento sobre tódolos asuntos relacionados coa protección civil, especialmente no que se refire á normativa legal e bases técnicas.

h) A coordinación e fomento da elaboración dos plans de protección civil previstos na norma básica de protección civil, propoñendo a elevación para a súa aprobación e homologación pola autoridade

correspondente, así como a coordinación e fomento da elaboración de plans específicos e especiais de protección civil de ámbito territorial, provincial e local.

i) A programación e deseño de actividades de carácter formativo e divulgativo en materia de protección civil que contribúan ó perfeccionamento técnico, á posta a punto operativa, así como á formación dunha conciencia na poboación no eido da protección civil e da autoprotección.

j) A planificación, programación e coordinación dos sistemas de telecomunicacións e informáticos de protección civil, dependentes da subdirección xeral.

k) A coordinación, control e avaliación das actuacións en materia de protección civil realizadas pola dirección xeral e polos servicios provinciais de protección civil.

l) A supervisión da execución das funcións encomendadas polo Consello de Seguridade Nuclear á Xunta de Galicia.

m) A xestión do Servicio Único de Emerxencias da Unión Europea 112.

n) A programación e deseño das actividades de carácter preventivo, formativo e divulgativo na mellora da seguridade vial.

Para o exercicio destas funcións contará coas seguintes unidades:

3.1. Servicio de Planificación, ó que lle corresponde a preparación do inventario de riscos e catálogo de medios e recursos, públicos e privados, da Comunidade Autónoma de Galicia; a elaboración de plans de protección civil que realice a Subdirección Xeral de Protección Civil así como o seu mantemento e implementación; a elaboración de informes técnicos de avaliación de plans de protección civil, para a súa aprobación e homologación, cando corresponda, polo órgano competente; a instrumentación da axuda económica e asistencia técnica ós concellos, para a realización dos correspondentes plans básicos e sectoriais de emerxencia municipal; a realización do programa de equipamento e infraestructuras de protección civil; a promoción de equipamentos de protección civil ós concellos de Galicia, así como a realización de infraestructuras relacionadas coa protección civil e o correspondente apoio técnico e económico; o asesoramento e colaboración nos convenios e acordos que poidan establecerse

en materia de protección civil; e a realización e promoción de estudios sobre o desenvolvemento de coñecementos técnicos e bases de actuación en materia de protección civil.

3.2. Servicio de Información e Formación, ó que lle corresponde a promoción das asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil e o correspondente apoio técnico e económico; o control e xestión dos rexistros relacionados coas agrupacións, asociacións e entidades colaboradoras de protección civil regulamentariamente establecidos pola dirección xeral; a promoción e a coordinación dos cursos, xornadas e seminarios que organice a Administra

ción autonómica en materia de protección civil; o fomento da autoprotección cidadá e corporativa, a través da programación de campañas divulgativas; a coordinación e execución de publicacións relacionadas coa protección civil, a execución e elaboración da información relativa á protección civil da dirección xeral, así como a realización das correspondentes memorias; a elaboración de estatísticas sobre protección civil; a preparación e elaboración de material de formación que se impartirá en protección civil; e a realización e mantemento dun banco de datos relativo a información, material técnico audiovisual e a biblioteca de protección civil.

3.3. Servicio de Vixilancia Radiolóxica, ó que lle corresponde a elaboración do censo de instalacións de raios X con fins médicos, e dos seus correspondentes equipos; a inspección de instalacións radioactivas, incluíndo a realización das inspeccións necesarias para o control das instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría, que comprende as fases de construcción, posta en marcha, funcionamento, modificación, clausura, a realización das inspeccións que sexan necesarias para o control das instalacións de raios X, con fins médicos, e a realización das inspeccións que sexan necesarias por razóns especiais ou denuncia, así como aqueloutras que encargue expresamente o Consello de Seguridade Nuclear; a inspección do transporte de materiais radioactivos, incluídos os residuos radioactivos que se orixinen en Galicia; as análises e avaliacións relacionadas coa protección radiolóxica nas instalacións radioactivas, incluíndo as propostas de actuacións correctoras e de preparación,

se é o caso, de propostas de sanción, dando conta ó Consello de Seguridade Nuclear das ditas actuacións correctoras; e a vixilancia radiolóxica ambiental no ámbito territorial de Galicia, de acordo cos programas que a este fin ten establecidos e aprobados o Consello de Seguridade Nuclear.

3.4. Servicio de Sistemas de Información e Comunicacións, ó que lle corresponde a organización e xestión dos sistemas de comunicacións e informáticos das centrais, centros de comunicación e de coordinación operativos, dependentes da dirección xeral, así como a coordinación, operatividade e control técnico do Servicio Único de Emerxencias da Unión Europea 112; a execución e xestión do programa de telecomunicacións e informática da Subdirección Xeral de Protección Civil; a coordinación con outros organismos públicos e privados das comunicacións e dos sistemas informáticos en materia de protección civil; o control e avaliación dos equipos de comunicacións e informáticos da Subdirección Xeral de Protección Civil; a coordinación e xestión dos equipos de comunicacións en operativos e plans de protección civil, así como das centrais e centros de transmisións e/ou comunicacións, dependentes da Subdirección Xeral de Protección Civil; e o mantemento e supervisión das infraestructuras e bases

informáticas da Subdirección Xeral de Protección Civil.

Artigo 13º.-Atribucións da Dirección Xeral de Administración Local.

A Dirección Xeral de Administración Local é o centro directivo encargado da xestión das compe

tencias que se lle se atribúen á Comunidade Autónoma galega nas seguintes materias:

a) O desenvolvemento da Lei de Administración local de Galicia.

b) Participación nos programas formativos en materia de Administración local.

c) Relación coas corporacións locais.

d) O impulso do proceso de incorporación do galego na Administración local.

e) A planificación e coordinación dos plans e programas dos servicios contra incendios e de salvamento local, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no relativo á función operativa da protección civil, así como das atribuídas por lei ás administracións locais.

f) Calquera outra que se lle poida atribuír respecto dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, que lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14º.-Estructura da Dirección Xeral de Administración Local.

A Dirección Xeral de Administración Local para o exercicio das súas funcións e competencias, estructúrase nas seguintes unidades administrativas:

1. Subdirección Xeral de Cooperación e Réxime Xurídico.

A Subdirección Xeral de Cooperación e Réxime Xurídico exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da dirección xeral naquelas materias relacionadas coa organización, bens, servicios, persoal e réxime xurídico das corporacións locais que lle correspondan á Comunidade Autónoma de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, sen prexuízo das competencias que nestas materias poidan ser atribuídas a outras consellerías.

b) A proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais no ámbito propio das competencias que lle correspondan á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, incluíndo a coordinación das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións, axudas e convenios que se destinan ás entidades locais galegas, facendo un seguimento da súa xustificación.

c) O fomento da normalización lingüística na Administración local.

d) A preparación de estudios e proxectos de disposicións xerais en materia de Administración local.

e) A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente á Dirección Xeral de Administración Local e ós seus programas de gasto, así como o seu control, seguimento e avaliación.

f) O impulso na implantación das novas tecnoloxías na Administración local, incluíndo o desenvolvemento das accións de implantación do Portal Eido Local nas entidades locais galegas.

Para cumpri-las súas funcións, contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Réxime Xurídico e Desenvolvemento Normativo, ó que lle corresponde a execución das competencias que, en materia de control de legalidade dos actos e acordos das corporacións locais, lle veñen atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia; o impulso, mediante a elaboración das correspondentes propostas, do desenvolvemento normativo atribuído á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de réxime local, sen prexuízo das iniciativas que, desde a Subdirección Xeral de Relacións coas Entidades Locais, se encadren no marco do Pacto Local; a elaboración das correspondentes propostas en materia de alteracións de termos municipais, as declaracións de urxente ocupación en materia de expropiación forzosa, heráldica das entidades locais galegas, así como as competencias que, en virtude de atribución normativa, lle corresponda exercer á dirección xeral no relativo ó réxime xurídico das corporacións locais e non estean atribuídas a outras unidades.

1.2. Servicio de Xestión e Cooperación Económica, ó que lle corresponde a xestión, tramitación e realización das propostas que procedan en canto ás convocatorias, seleccións e adxudicación das subvencións e axudas que se destinan ás entidades locais galegas, facendo un seguimento da súa xustificación; o estudio do anteproxecto de orzamento correspondente á dirección xeral, así como o seu control, seguimento e avaliación; a coordinación da xestión económica e orzamentaria da dirección xeral; o impulso e a execución de convenios asinados en materia de Administración local, así como o fomento do uso do galego na Administración local mediante accións cos organismos competentes na materia; a coordinación, dentro do eido local das accións encamiñadas á implantación e desenvolvemento das novas tecnoloxías nos entes locais, así como a tramitación das subvencións a través deste instrumento.

2. Subdirección Xeral de Relacións coas Entidades Locais e Pacto Local.

A Subdirección Xeral de Relacións coas Entidades Locais exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da dirección xeral naquelas materias relacionadas coas relacións coas entidades locais de Galicia, así como con outras administracións estatais e autonómicas.

b) O impulso do Pacto Local no marco das actuacións que teña encomendadas a Dirección Xeral de Administración Local.

c) A preparación de estudios e proxectos de disposicións xerais en materia de Administración local.

d) O exercicio das competencias que teña asumidas a Comunidade Autónoma en materia de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

e) O impulso de accións formativas para funcionarios de Administración Local, a través do Centro de Estudios Locais de Galicia e da colaboración con outras entidades.

Para cumprir estas funcións, contará coas seguintes unidades.

2.1. Servicio de Relacións coas Entidades Locais e de Estudios Locais de Galicia, ó que lle corresponde a coordinación das actividades relacionadas co fomento do asociacionismo local, así como das competencias atribuídas á Comunidade Autónoma galega nos consorcios contra incendios e de salvamento, no que se refire á súa posta en marcha e asesoramento; a execución das accións de coordinación que lle correspondan á consellería en orde á materialización do pacto local e o impulso das relacións institucionais; a proposta das accións formativas para desenvolver en colaboración con outras entidades para funcionarios de Administración local e o exercicio de calquera outra competencia que se lle atribúa á dirección xeral en materia de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Artigo 15º.-Atribucións das delegacións provinciais.

En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación da consellería na que se integrarán tódalas unidades de carácter provincial ou territorial situadas no seu ámbito.

Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado, que terá ademais das competencias e funcións previstas no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, as derivadas en virtude dos decretos 87/1990 e 88/1990, ámbolos dous do 15 de febreiro, así como aquelas que lle sexan especial ou singularmente encomendadas.

Do delegado provincial dependerán tódolos servicios, unidades ou centros da consellería que radiquen no ámbito da súa competencia territorial.

Artigo 16º.-Estructura das delegacións provinciais.

1. Para o cumprimento dos seus cometidos, a delegación provincial contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Secretaría da Delegación.

Baixo a autoridade e supervisión do delegado, correspóndelle o exercicio das funcións relativas ó réxime interior, tramitación administrativa, xestión de persoal, rexistro xeral, información ó público, elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento da delegación, administración, control contable e xustificación dos créditos que se lle asignen; elaboración de estatísticas dos demais servicios da delegación provincial e, en xeral, prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado e substituílo nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante.

1.2. Servicio de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Xustiza e da Dirección Xeral de Administración Local no respectivo ámbito provincial.

1.3. Servicio de Relacións Laborais.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito

provincial, en materia de relacións laborais, cooperativas e economía social.

1.4. Servicio de Área de Seguridade e Saúde Laboral.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito provincial en materia de seguridade e hixiene.

1.5. Servicio de Interior.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no respectivo ámbito provincial en materia de xogo, asociacións, espectáculos e seguridade.

1.6. Servicio de Protección Civil.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil no respectivo ámbito provincial en materia de protección civil.

2. Non obstante, o disposto no número 1 deste artigo, puntos 2 e 5, nas delegacións provinciais de Ourense e Lugo existirá un único servicio que se denominará Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, que exercerá no respectivo ámbito provincial as competencias correspondentes á Dirección Xeral de Xustiza, á Dirección Xeral de Administración Local e á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, en materia de interior e seguridade. Na Delegación Provincial de Pontevedra, o Servicio de Xustiza e Administración Local, o Servicio de Interior e o Servicio de Protección Civil terán a súa sede na capital desta provincia.

Artigo 17º.-Os órganos colexiados adscritos.

Adscritos á consellería existirán os órganos colexiados seguintes:

1. A Comisión Superior para o Estudio e o Desenvolvemento do Dereito Galego, regulada no Decreto 107/1999, do 8 de abril, e polo Decreto 182/1999, do 17 de xullo, que o modifica.

2. A Comisión do Xogo de Galicia, creada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, e regulada polo Decreto 192/1988, do 21 de xullo.

3. A Comisión Heráldica regulada polo Decreto 369/1998, do 10 de decembro.

4. O Consello Galego de Seguridade e Hixiene no Traballo, regulado polo Decreto 449/1996, do 26 de decembro, e a Orde do 16 de xuño de 1997, que o desenvolve.

5. A Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia, creada pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, regulada nesta mesma lei e no Decreto 204/2000, do 21 de xullo.

6. O Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia, creado polo Decreto 146/1997, do 22 de maio.

7. O Consello Rector da Academia Galega de Seguridade creado pola Lei 4/1992, do 9 de abril, regulado polo Decreto 161/1992, do 18 de xuño, e polo Decreto 283/2000, do 21 de novembro, que o modifica.

8. A Comisión Galega de Protección Civil, regulada no Decreto 56/2000, do 3 de marzo.

9. A Comisión Galega de Delimitación Territorial regulada no Decreto 370/1998, do 10 de decembro.

10. A Comisión Galega de Cooperación Local, regulada nos artigos 188 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Decreto 280/1998, do 24 de setembro.

11. O Consello Galego de Cooperativas, creado pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, e regulado polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro.

A natureza destes órganos colexiados, cometidos, composición e funcións son as establecidas nas respectivas normas reguladoras.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, órgano institucional de diálogo entre sindicatos e asociacións empresariais e órgano consultivo asesor da Comunidade Autónoma nas materias relativas á súa política laboral.

Baixo a dependencia do presidente e do secretario do consello, este estructúrase na seguinte unidade administrativa.

1. Servicio Xurídico e de Solución de Conflictos, ó que lle corresponden as seguintes funcións:

a) Coordinación da elaboración dos dictames sobre proxectos normativos que sexan remitidos ó consello e dos estudios necesarios para a súa realización.

b) Coordinación dos informes e estudios que sexan requiridos polo Pleno ou Comisión Permanente ou elaborados por propia iniciativa do Consello.

c) Asesoramento en materia laboral dentro do marco do consello.

d) Coordinación xurídica e administrativa do Servicio de Solución de Conflictos (órgano xestor do Acordo Interprofesional Galego sobre Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo-AGA-DOG do 8 de abril de 1992 e 4 de maio de 1995) que, entre outras, implica:

-Relación e comunicación cos mediadores-conciliadores e árbitros do AGA.

-Responsabilidade en canto á correcta tramitación administrativa dos distintos procedementos previstos no AGA.

-Realización das oportunas xestións en canto á facilitación dos medios materiais e persoais que sexan necesarios para xestiona-lo conflicto.

-Desprazamento ó lugar do conflicto para a realización das xestións administrativas esixidas polos distintos procedementos.

-Mantemento do sistema informático de AGA e dos seus resultados estatísticos, así como o mantemento e custodia do arquivo das distintas actuacións.

-Relación e comunicación coas organizacións asistentes do acordo e cos membros da súa comisión paritaria.

Segunda.-As competencias que este decreto lle atribúe ós órganos da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais entenderanse sen prexuízo das atribuídas ó Instituto Galego de Estatística e exerceranse de acordo coas directrices previstas nas leis reguladoras das estatísticas e no Plan Galego de Estatística.

Disposicións transitorias

Primeira.-Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto, se modifique a denominación ou contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade, ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por proposta do secretario xeral, a readscribi- lo persoal a postos do mesmo ou inferior nivel, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilo, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que, en ningún caso, a readscrición ou adscrición supoñan cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto nos artigos 27.5º e 62.4º da Lei de función pública de Galicia e na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das

administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Segunda.-Corresponderá á Dirección Xeral de Administración Local o impulso de accións formativas para funcionarios da Administración local que se canalicen a través do futuro Centro de Estudios Locais de Galicia ou de outras entidades que se poidan constituír.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogados o Decreto 161/2000, do 29 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o Decreto 120/2001, do 10 de maio, que modifica o anterior, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE