Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III, publicadas por Resolución do 24 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 5 de febreiro).

Advertidos erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III, e rectificados pola Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral na sesión do día 9 de abril de 2002, en aplicación do establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír na lista correspondente á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III, a Montserrat Santos García, con DNI 44461298, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 3, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 3, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 3, no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 2, en todos eles cunha puntuación de 1,250 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública