Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.991

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 2002 que modifica a do 26 de marzo de 2002 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

No Diario Oficial de Galicia nº 67, do 8 de abril, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Con posterioridade, e con base á estimación dun recurso formulado ante o Concello de Lugo, o dito organismo propón a modificación das bases específicas que rexerán para a provisión do posto de tesoureiro do dito concello.

Como consecuencia, esta consellería, de acordo co previsto nos artigos 99 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 13 e 19 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE do 9 de agosto), e de conformidade co establecido na Orde do 8 de setembro de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se aproba o modelo de convocatoria conxunta e bases comúns polas que se rexerán os concursos ordinarios para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE nº 216, do 9 de setembro), na Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto) e demais normativa concordante,

DISPÓN:

Modifica-la Orde do 26 de marzo de 2002 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, no que se refire ós méritos específicos que rexerán para a provisión do posto de tesoureiro do Concello de Lugo; no sentido de que na alínea relativa ós servicios en corporacións locais, onde di: «Pola expreriencia como mínimo dun ano en postos de tesoureiro en concellos de máis de 20.000 habitantes: 3 puntos»; debe dicir:

«Pola experiencia no desempeño en postos de tesoureiro en concellos de máis de 20.000 habitantes: 0,1 puntos por mes, ata o máximo de 3 puntos» e a composición do correspondente tribunal, figurando como vocal titular: Luis Regal Pavón, secretario do concello, que asumirá as funcións de secretario; en lugar de Eva Martín Minguela.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública