Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 014 (xefe/a de cociña) e 065 (oficial 1º cociña e outras) do grupo III e á categoría 005 (oficial 2º cociña e outras) do grupo IV, publicadas por Resolución do 18 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 25, do 4 de febreiro).

Advertidos erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 ) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 014 (xefe/a de cociña) e 065 (oficial 1º de cociña e outras) do grupo III e categoría 005 (oficial 2º de cociña e outras) do grupo IV, e rectificados pola Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral na sesión do día 9 de abril de 2002, en aplicación do establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír na lista correspondente á categoría 014 (xefe/a de cociña) do grupo III, a Óscar Prado Rodríguez, con DNI 34.266.432, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 7, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 7, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 5 e no ámbito D3600 co número de orde 6, en todos eles cunha puntuación de 1'000 puntos.

Incluír na lista correspondente á categoría 065 (oficial 1º cociña e outras) do grupo III, a Antonio

Maceiras Charlón, con DNI 76415575, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 35 e no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 26, en todos eles cunha puntuación de 0'750 puntos.

Incluír na lista correspondente á categoría 005 (oficial 2º cociña e outras) do grupo IV, a Miguel Buide Rodríguez, con DNI 33342113, no ámbito xeográfico X1505 co número de orde 36, no ámbito xeográfico X1514 co número de orde 31, no ámbito xeográfico X2702 co número de orde 24, no ámbito xeográfico X2703 co número de orde 13, no ámbito xeográfico X2705 co número de orde 70, no ámbito xeográfico X3206 co número de orde 40, no ámbito xeográfico X3609 co número de orde 33, en todos eles cunha puntuación de 0'000 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública