Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.931

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se desenvolve o Decreto 134/2001, do 7 de xuño e se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento así como se procede á súa convocatoria.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, a Comunidade Autónoma de Galicia ten asumidas as funcións e servicios que, transferidos pola Admi

nistración do Estado, corresponden á xestión que viña realizando o Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, foille atribuída á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, por medio da Dirección Xeral de Fomento do Emprego, o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego e, consecuentemente, a convocatoria, xestión e control das subvencións e axudas públicas da política de emprego anteriormente xestionadas polo Inem, entre as que están as unidades de promoción e desenvolvemento e que, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, son obxecto de regulación mediante o Decreto 134/2001, do 7 de xuño.

O citado decreto establece as liñas básicas do programa, sendo necesario agora o desenvolvemento e regulación detallada do seu contido. Así, esta orde recolle as bases aplicables á convocatoria pública das axudas e subvencións ás unidades de promoción e desenvolvemento, o seu obxecto e finalidade, os requisitos das entidades solicitantes, os procesos de selección do persoal participante, o procedemento de concesión, o prazo e forma da aplicación definitiva dos fondos, a concesión de anticipos, etc. así como aqueloutros aspectos que resultan esixibles a teor do previsto na normativa xeral aplicable ás ditas axudas e subvencións, incluídas as previsións do Fondo Social Europeo.

Ademais, esta convocatoria axústase ó disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; ó previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; e, en concreto, no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións, ó preceptuado na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, en vigor en virtude do disposto no artigo 54 do citado texto refundido e no artigo 5 do Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001 para o exercicio de 2002.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento, entre outras, das axudas previstas nesta orde, realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.241A.480.0 da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio económico de 2002, por un importe de 906.688,74 euros.

Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como resultado da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de escolas obradoiro e casas de oficios, unidades de promoción e desenvolvemento e de obradoiros de emprego, coas limitacións que se establezan pola Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofi

nanciadas polo Fondo Social Europeo, ou como consecuencia da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo dos informes favorables da Asesoría Xurídica, Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, Inspección Xeral de Servicios e Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 4 de abril de 2002, a concesión de anticipos e a forma de pagamento das axudas e subvencións previstos nesta orde e, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 134/2001, do 7 de xuño, polo que se establece o programa das unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia; o establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó seu funcionamento pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como a convocatoria das ditas axudas e subvencións.

Artigo 2º.-Concepto.

As unidades de promoción e desenvolvemento son módulos de intervención en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal e que teñen por finalidade actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento, fomentando a creación de emprego.

Constitúen un instrumento que, mediante a elaboración de plans e proxectos integrais de execución de políticas activas de emprego, ten como obxectivo último a inserción laboral de desempregados.

Artigo 3º.-Funcións.

1. As unidades de promoción e desenvolvemento, seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, realizarán as seguintes funcións:

a) Investiga-las oportunidades de desenvolvemento e emprego, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos dispoñibles e do uso de métodos e sistemas que permitan a planificación, coordinación e posta en práctica de accións e estratexias de políticas activas de emprego, fundamentalmente vinculadas ós novos viveiros de emprego.

b) Facilitar información sobre o emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, sistematización e divulgación ós técnicos e axentes de emprego, ás escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e ás entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego.

c) Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

d) Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, á creación de iniciativas empresariais e ó autoemprego dos desempregados e, especialmente, dos participantes en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e outros programas de cooperación.

e) Coordinar, sen prexuízo do establecido no punto seguinte, as actuacións dos técnicos locais de emprego que desenvolvan o seu cometido no seu ámbito de actuación cando a entidade á que se subvenciona a súa contratación estea integrada na entidade promotora da unidade de promoción e desenvolvemento.

Estas funcións axustaranse ós plans concretos de actuación do ámbito territorial de cada unidade de promoción e desenvolvemento.

2. As unidades de promoción e desenvolvemento colaborarán na implantación das políticas activas de emprego no seu territorio de actuación, en coordinación cos técnicos locais de emprego, desenvolvéndose esta colaboración no marco da actuación conxunta entre a entidade promotora e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, seguindo as directrices fixadas por esta.

Artigo 4º.-Entidades promotoras.

1. Os proxectos de unidades de promoción e desenvolvemento poderán ser promovidos por:

a) Órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Entidades locais de carácter supramunicipal, os seus organismos autónomos e entidades con competencias en materia de promoción do emprego, dependentes ou asimiladas a elas, nas que a súa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais.

c) Consorcios.

d) Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro cun ámbito de actuación superior ó municipal.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución dos servicios que pretenden prestar a través da unidade de promoción e desenvolvemento e dispoñer da suficiente capacidade técnica e de xestión para garanti-lo seu adecuado desenvolvemento.

Artigo 5º.-Duración.

1. A duración das unidades de promoción e desenvolvemento, con carácter xeral, será de dous anos e estará dividida en fases de seis meses.

2. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a unidade de promoción e desenvolvemento considerarase finalizada.

Artigo 6º.-Persoal.

1. Para a realización das funcións encomendadas ás unidades de promoción e desenvolvemento, as

súas entidades promotoras deberán contratar persoal directivo e técnico, especialista nas materias obxecto de estudio e actuación, así como o persoal de apoio necesario, baixo a modalidade contractual máis adecuada, en cada caso, ás actividades e tarefas que se van desenvolver.

2. A súa selección e contratación levarase a cabo de conformidade co previsto nos artigos seguintes.

Capítulo II

Selección e contratación

Artigo 7º.-Normas xerais: grupo de traballo mixto.

1. A selección do director, técnicos e persoal de apoio será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por persoal da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da entidade promotora. A presidencia do dito grupo de traballo recaerá no representante da consellería que para o efecto sexa designado pola respectiva delegación provincial.

2. A este grupo corresponderalle establece-los criterios de selección de todo o persoal da unidade de promoción e desenvolvemento, de acordo co previsto nesta orde e normas que poidan desenvolvela.

3. Finalizados os procedementos de selección, o grupo de traballo mixto preparará a relación dos seleccionados como persoal directivo, técnico e de apoio, estendendo acta, por duplicado exemplar, de todo o actuado e remitiralle un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Artigo 8º.-Procedemento de selección.

1. Na selección do persoal da unidade de promoción e desenvolvemento, o grupo de traballo mixto establecerá o procedemento selectivo, podendo utilizar oferta de emprego tramitada pola oficina de emprego, convocatoria pública ou ambas.

2. Así mesmo, corresponderalle ó grupo de traballo mixto:

a) Determinar o perfil, as características e os requisitos que deben cumpri-los candidatos.

b) Elabora-las convocatorias.

c) Establece-los baremos e, se é o caso, as probas que poidan aplicarse.

d) Prepara-las ofertas de emprego que se tramitarán á oficina de emprego, se procedese.

e) Difundi-las convocatorias a través dos medios de comunicación que se determinen, se é o caso.

3. A selección definitiva deberá ser realizada de entre os preseleccionados pola oficina de emprego e das solicitudes presentadas á convocatoria pública, se é o caso, debendo considerar, na medida do posible, tres candidatos por posto.

Artigo 9º.-Contratación do persoal.

1. A entidade promotora contratará o persoal directivo, técnico e de apoio que fose seleccionado e figure como tal nas actas do grupo de traballo mixto.

2. Os contratos de traballo formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, debendo facerse consta-la súa pertenza á unidade de promoción e desenvolvemento, a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Así mesmo, os ditos contratos serán rexistrados na oficina de emprego e codificados coa clave T02.

Artigo 10º.-Baixas.

A selección do persoal directivo, técnico e de apoio que se contrate para a cobertura das vacantes que se produzan unha vez iniciado o proxecto, efectuarase polo procedemento que para os efectos determine o grupo de traballo mixto, respectando, en todo caso, os trámites e requisitos establecidos nesta orde.

Artigo 11º.-Incidencias e reclamacións.

1. As incidencias e reclamacións que se puideran suscitar, derivadas dos procesos de selección, serán resoltas polo grupo de traballo mixto, sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

2. Calquera que sexa o sistema de selección utilizado, seguiranse os criterios e procedementos establecidos polo Servicio Público de Emprego para a cobertura de ofertas de emprego, polo que non será de aplicación a normativa establecida para os procedementos de selección do persoal das distintas administracións públicas aínda cando a entidade promotora sexa un organismo público. Neste último caso, o persoal seleccionado non se considerará incluído no correspondente cadro de persoal ou relación de postos de traballo, polo que non será precisa oferta de emprego público previa.

Capítulo III

Procedemento para a concesión de subvencións

Artigo 12º.-Solicitudes. Prazo de presentación.

1. As entidades que, estando previstas no artigo 4º, desexen promover unha unidade de promoción e desenvolvemento e obte-las axudas e subvencións establecidas nesta orde, deberán formaliza-la correspondente solicitude, por duplicado exemplar, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no modelo que se publica como anexo I e que estará ó seu dispor nas oficinas de emprego e nas delegacións provinciais e servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, subscrita polo seu representante legal, xunto coa documentación sinalada no artigo seguinte.

2. As solicitudes dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. As solicitudes de axudas e subvencións para o funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento poderán presentarse durante todo o ano 2002.

Artigo 13º.-Documentación.

Xunto á solicitude, a documentación que se presentará, sempre por duplicado exemplar e en orixinais ou en copias compulsadas, será a seguinte:

a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante, tendo en conta que:

-Se é un órgano da Administración xeral do Estado, ente público desta ou da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismo autónomo estatal, autonómico ou local, mancomunidade, consorcio ou algunha das entidades con competencias en materia de promoción do emprego ás que alude o artigo 4º.1 letra b), deberá achegarse, segundo proceda, norma ou acordo de creación ou estatutos publicados no boletín oficial correspondente, podendo substituírse por unha certificación expedida para tal efecto.

-Se é unha fundación, asociación ou outra entidade sen ánimo de lucro, achegaranse escritura pública de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, que acrediten a súa condición de entidade sen ánimo de lucro e o seu ámbito territorial de actuación.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) A que acredite a personalidade e o apoderamento suficiente e subsistente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicada no correspondente boletín oficial ou mediante certificación expedida para o efecto.

d) As entidades locais, os seu organismos autónomos e as entidades con competencias en materia de promoción do emprego ás que alude o inciso final do artigo 4º.1 letra b), deberán achegar certificación expedida polo secretario, na que se recolla o acordo de aprobación do proxecto da unidade de promoción e desenvolvemento e de solicitude de subvención á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, adoptado polo órgano competente.

As demais entidades solicitantes deberán achega-la documentación que acredite que os seus órganos de goberno ou administración aprobaron o proxecto e a solicitude de subvención á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

e) Declaración na que se recolla o conxunto de tódalas axudas ou subvencións que teña solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes.

f) Proxecto para o que se solicita a subvención e que, como mínimo, constará dunha memoria, segundo o modelo que se publica como anexo II, na que se recollerán os seguintes aspectos:

-Datos de identificación da entidade promotora (denominación, ámbito territorial e demais datos de localización), así como a estructura, servicios e experiencia coa que, en principio, conta ó respecto.

-Contido do proxecto de unidade de promoción e desenvolvemento que incluirá finalidade e obxectivos do proxecto, metodoloxía que se vai empregar, estratexias previsibles de fomento do emprego, principais colectivos afectados e calendario de actuacións.

-Data prevista de comezo e duración do proxecto.

-Orzamento de gastos, expresando os custos máximos, periodificados por fases semestrais desde a data prevista de comezo e derivados da contratación do persoal técnico e de apoio así como do funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento.

-Orzamento de ingresos da unidade de promoción e desenvolvemento, expresando a parte financiada pola entidade promotora e por outros posibles organismos ou entidades colaboradoras e a parte para a que se solicita financiamento á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

g) Certificado no que consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Artigo 14º.-Emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos esixidos ou a documentación achegada contivera erros ou fora insuficiente, a delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, competente por razón do territorio para a instrucción do expediente, requirirá a solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, considerarase que desistiu da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co estipulado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 15º.-Comisión Central de Valoración.

1. Unha vez completos os expedientes serán remitidos, no prazo de quince días, xunto co informe técnico emitido pola delegación provincial, no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Fomento do Emprego, á Comisión Central de Valoración para o seu estudio e proposta de resolución.

2. A dita Comisión Central de Valoración estará composta polo director xeral de Fomento do Emprego, que a presidirá; e serán vocais os catro delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, actuando como secretario, con voz pero sen voto, o subdirector xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

3. Cando por medio da proposta de resolución da Comisión Central de Valoración, se altere o número de compoñentes da unidade de promoción e desenvolvemento ou o tempo de duración solicitados, a entidade promotora, no prazo de quince días, deberá realizar-los axustes e modificacións pertinentes no proxecto, para os efectos da súa aprobación segundo o previsto no artigo 17º.1.

Artigo 16º.-Criterios de valoración dos proxectos.

Na valoración dos proxectos teranse en consideración, entre outros, os seguintes criterios:

-Número de desempregados existente no ámbito territorial no que se desenvolva o proxecto.

-Carácter innovador do proxecto.

-Calidade do proxecto, atendendo á súa finalidade e obxectivos e á metodoloxía e estratexia previstas de fomento do emprego, inserción laboral dos desempregados e dos beneficios sociais que se prevexa xerar.

-Achegas da entidade promotora ou doutras entidades colaboradoras, téndose en conta o esforzo investidor en cada caso.

-Resultados cualitativos e cuantitativos de anteriores proxectos de unidades de promoción e desenvolvemento, escolas obradoiros, casas de oficios ou obradoiros de emprego promovidos ou impulsados pola entidade solicitante.

-Participación dos axentes económicos e sociais con presencia no territorio na elaboración do contido e o desenvolvemento do proxecto, ou cando este estivera vinculado ou xurdira en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego.

Artigo 17º.-Resolución.

1. Dentro dos nove meses seguintes á entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación, cumpridos os trámites previstos no artigo 15º e fiscalizada a proposta de resolución pola respectiva intervención, o/a delegado/a provincial, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dictará e notificaralle á entidade solicitante a resolución que proceda.

2. A resolución favorable conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Finalidade, obxectivos básicos do proxecto e número e características dos seus compoñentes para os que se concede a subvención.

b) Subvención outorgada con cargo ós orzamentos da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para o financiamento dos custos sinalados no artigo 19º, debendo facerse constar que o seu importe ten o carácter de estimado.

c) Duración da unidade de promoción e desenvolvemento e datas previstas para o seu comezo e para cada unha das súas fases.

d) Referencia ó cofinanciamento polo Fondo Social Europeo da subvención concedida.

e) Calquera outra especificación que se estime oportuna en cada caso concreto.

3. Transcorridos o prazo de nove meses sen que se notificase resolución expresa, a entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26

de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 29º desta orde, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

5. As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, se fose expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Malia o anterior, cando a recorrente sexa Administración pública, poderá facer uso do requirimento previo ó que alude o artigo 44 da antedita Lei 29/1998.

Potestativamente, de non se-la entidade solicitante Administración pública, con anterioridade á interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, se o dito acto fose expreso; se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para a solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

Artigo 18º.-Modificacións do proxecto.

1. Calquera modificación que implique un cambio de titularidade da entidade promotora ou dos obxectivos e actuacións básicas do proxecto que sexan consideradas como substanciais, deberán ser solicitadas segundo o procedemento indicado anteriormente.

2. De te-las modificacións o dito carácter de substanciais, as delegacións provinciais remitiranlle as solicitudes, cando o informe técnico sexa favorable, á Dirección Xeral de Fomento do Emprego para que esta dictamine sobre a procedencia da modificación pretendida. A súa resolución correspóndelles ós/ás delegados/as provinciais, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Os mencionados cambios deberán responder a causas excepcionais debidamente xustificadas que así o esixan.

3. Para a tramitación do cambio de titularidade, a entidade promotora titular deberá presentar ante a correspondente delegación provincial a seguinte documentación:

a) Solicitude de aceptación da súa renuncia e de cambio de titularidade do proxecto, debidamente xustificada.

b) Escrito de aceptación do cambio de titularidade pola nova entidade, xunto coa documentación esixible a teor do previsto no artigo 13º.

c) Balances dos dereitos e obrigas que se transfiren e de situación e xustificación das subvencións recibidas da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

d) Acta conxunta aceptando a liquidación e transferencia dos dereitos e obrigas co visto e prace do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

4. As solicitudes de modificacións non esenciais non precisarán do dictame de procedencia da Dirección Xeral de Fomento do Emprego para seren resoltas pola delegación provincial. Da resolución que se dicte enviarase copia á dita dirección xeral.

Capítulo IV

Financiamento e xustificación de subvencións

Artigo 19º. Financiamento e obxecto da subvención.

1. As unidades de promoción e desenvolvemento, serán financiadas con cargo ós orzamentos xerais da comunidade autónoma a través das axudas e subvencións que conceda a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou ben directamente con medios propios con cargo ás partidas orzamentarias correspondentes.

2. No caso das axudas e subvencións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para cada unidade de promoción e desenvolvemento, que se determinará na resolución que aprobe o proxecto, destinaranse exclusivamente a sufraga-los seguintes custos:

a) Os salariais derivados dos contratos que se subscriban co director, técnicos e persoal de apoio previsto no artigo 6.

b) Os derivados do funcionamento da unidade de promoción e desenvolvemento.

3. En ningún caso, o importe da subvención concedida pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto.

Artigo 20º.-Subvención para custos salariais.

1. A contía da subvención prevista para a contratación do persoal técnico, incluídas as cotas patro

nais á Seguridade Social, estímase, para o ano 2002, en 27.646,00 euros por xornada completa, ano e traballador, reducíndose proporcionalmente, de se-lo caso, en función da xornada e da duración de cada contrato. A dita subvención incrementarase nun 20% para a contratación do director da unidade de promoción e desenvolvemento.

2. O importe da subvención para custos salariais, incluídas as cotas patronais á Seguridade Social, derivados da contratación do persoal de apoio será, en 2002, de 15.025,00 euros por xornada completa, ano e traballador, reducíndose proporcionalmente, de se-lo caso, en función da xornada e da duración de cada contrato.

3. En todo caso, as referidas cantidades considéranse subvencións medias por custos salariais e cotas patronais derivadas da contratación do persoal das unidades de promoción e desenvolvemento, sen que as ditas cantidades condicionen os salarios efectivamente pactados entre ese persoal e as entidades promotoras.

4. Non serán susceptibles de financiarse con cargo á subvención concedida as indemnizacións por morte e as correspondentes a traslados, suspensións, despedimentos, cesamentos ou finalizacións de contratos.

Artigo 21º.-Subvención para gastos de funcionamento.

1. Os gastos derivados do funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento establécense, para 2002, en 2.765,00 euros por traballador e ano, reducíndose proporcionalmente, se é o caso, en función da xornada e duración de cada contrato.

2. Consideraranse como gastos de funcionamento subvencionables:

-Medios e materiais de consumo e oficina.

-Amortización de instalacións e equipos. Para o seu cálculo utilizaranse as táboas de coeficientes anuais de amortización oficialmente establecidas. Cando a entidade promotora achegue, para o desenvolvemento do proxecto, bens (equipos e instalacións) amortizables, xuntarase ó orzamento de gastos relación valorada destes, incluíndo as cotas de amortización que se deriven da aplicación das táboas de coeficientes de amortización anualmente establecidas.

-Alugamento de instalacións, maquinaria e equipos, excluído o leasing.

-Gastos xerais.

-De se-lo caso, a póliza de responsabilidade civil para lles facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da actuación profesional do persoal participante durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

3. Non serán susceptibles de financiarse con cargo á subvención concedida:

-Gastos de investimento, tales como a adquisición de inmobles, instalacións, maquinarias e equipos.

-Os alugamentos de edificios, locais ou similares.

-Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.

Artigo 22º.-Actualización da subvención.

As cantidades previstas nos artigos 20 e 21 en concepto de subvención para custos salariais e gastos de funcionamento, serán obxecto dun incremento anual equivalente a un 3%, en tanto non sexa dictada disposición en contrario.

Artigo 23º.-Convenios de colaboración.

As entidades promotoras poderán subscribir convenios de colaboración con outras entidades públicas ou privadas, mediante os cales se comprometan a achegar parte ou a totalidade do custo do proxecto, descontándose estas achegas da subvención que poida concede-la Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Esta circunstancia farase constar na memoria prevista no artigo 13, letra f).

Artigo 24º.-Pagamento da subvención.

1. Correspóndelles ás delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude o pagamento das subvencións concedidas, logo da solicitude da entidade promotora, no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Fomento do Emprego, por períodos semestrais e en función das fases do proxecto que se indiquen na resolución de concesión.

2. Unha vez iniciada a primeira fase, e despois da xustificación do comezo mediante a oportuna certificación emitida en tal sentido pola entidade promotora, aboaráselle a esta, en concepto de anticipo, unha cantidade equivalente ó custo subvencionado correspondente a ese período.

Rematada a fase anterior e logo da xustificación de gastos, no prazo dun mes contado desde a data da súa solicitude, aboaráselle ó promotor, en concepto de pagamento á conta da liquidación definitiva e a medida que o beneficiario xustifique os gastos, unha cantidade equivalente ó custo subvencionado correspondente á nova fase, sen que en ningún caso se supere o límite do 80% do importe dos libramentos non xustificados pola entidade promotora de acordo co establecido no artigo 26.

3. O 20% restante aboáraselle á entidade promotora unha vez rematado o proxecto, xustificados tódolos gastos e presentada a acta de liquidación do expediente nos termos dispostos nos artigos 26 e 27.

4. No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 25º.-Garantías.

1. No suposto de que as entidades promotoras teñan a condición xurídica de entes de dereito privado, con carácter previo á recepción dos libramentos previstos no artigo anterior, deberán constituír a favor da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, garantía para responder da correcta aplicación da subvención concedida, na forma e condicións previstas no artigo 17 do Decreto 287/ 2000 do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A garantía será liberada cando sexa acreditado que a subvención concedida se aplicou á finalidade prevista e que foron xustificadas correctamente as cantidades percibidas en tal concepto.

Artigo 26º.-Forma de xustificación.

1. A entidade promotora, dentro do mes seguinte ó remate de cada fase, remitiralle á Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude os xustificantes dos pagamentos efectuados con cargo ós fondos recibidos. A xustificación presentarase segundo o detalle indicado nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Fomento do Emprego, non podendo efectuarse compensacións entre os distintos conceptos. Así mesmo, xuntarase relación dos pagamentos realizados con identificación dos perceptores e detalle das cantidades aboadas.

Unha vez verificada a xustificación por gastos efectuados axustarase o correspondente saldo na próxima transferencia que se vaia efectuar.

2. Cando as entidades promotoras sexan organismos públicos, consideraranse documentos xustificativos dos pagamentos efectuados as certificacións expedidas para o efecto polos órganos competentes e nas que consten detallados os pagamentos correspondentes a cada unha das partidas subvencionadas. Igualmente deberán achegar relación de xustificantes de gastos e pagamentos realizados.

En calquera caso, os documentos xustificativos individualizados deberán quedar dispoñibles para as actuacións de comprobación e control.

3. As asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro presentarán documentos xustificativos individualizados dos pagamentos efectuados.

4. No caso de que non se xustifique segundo o previsto nos puntos anteriores, non se realizarán novas provisións de fondos, e procederase á reclamación das cantidades non xustificadas de conformidade co procedemento establecido para o efecto.

Artigo 27º.-Liquidación do expediente.

1. Dentro do mes seguinte ó remate da unidade de promoción e desenvolvemento, a entidade promotora remitirá á delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Fomento do Emprego a seguinte documentación:

a) Xustificación dos pagamentos efectuados con cargo ós fondos correspondentes á segunda ou sucesivas fases, segundo proceda.

b) Relación de gastos realizados e os correspondentes xustificantes de pagamento.

c) Acta de liquidación e cadro-resumo de xustificantes de gastos.

2. Despois de verificada a xustificación presentada, e no caso de acordo, a Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude dará a súa conformidade ós documentos antes sinalados, ó mesmo tempo que procede ó aboamento das cantidades previstas no artigo 24.3º e, se é o caso, expide o certificado necesario para a liberación da garantía constituída.

No suposto de desconformidade ou discrepancia, a delegación provincial descontará do pagamento do 20% restante as cantidades non xustificadas.

3. Revisada a xustificación, e de existir saldo positivo a favor da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a delegación provincial iniciará o procedemento establecido para o reintegro das cantidades non xustificadas.

4. En todo caso, no prazo de tres meses posteriores á finalización da actividade do proxecto, a Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude remitiralle á Dirección Xeral de Fomento do Emprego a documentación sinalada na letra c) do punto 1 deste artigo.

Capítulo V

Obrigas, seguimento e control

Artigo 28º.-Obrigas.

As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, estarán obrigadas a:

a) Realiza-las actividades para as que se concede a subvención seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Acondicionar e dota-las instalacións de xeito que reúnan as condicións mínimas de seguridade e hixiene que permitan o normal desenvolvemento das actividades da unidade de promoción e desenvolvemento desde o inicio do seu funcionamento.

c) Contrata-lo persoal directivo, técnico e de apoio que se determine.

d) Acreditar ante a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos esixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comproba-lo cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

e) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e ás da Inspección

de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da comunidade autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

f) Comunicarlle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público nacional ou internacional, no momento de presenta-la solicitude así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

g) Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, as actividades e servicios que se realicen, tendo en conta que as actividades de publicidade e divulgación do proxecto se adecuarán á normativa correspondente e ás previsións do Fondo Social Europeo.

h) Satisfacer, ó seu vencemento, as obrigas económicas que se deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

i) Cumpri-las demais que se deriven da normativa aplicable ás axudas e subvencións previstas nesta orde.

Artigo 29º.-Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención.

O incumprimento total ou parcial por parte da entidade beneficiaria das obrigas establecidas nesta orde así como na demais normativa aplicable ás unidades de promoción e desenvolvemento e, con carácter xeral, ás axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento e tendo en conta a súa incidencia na formación e cualificación profesional dos alumnos-traballadores participantes, o reintegro total ou parcial das cantidades recibidas en concepto de axudas ou subvencións máis os xuros de demora; sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 30º.-Asistencia, seguimento e avaliación.

1. As delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude son os órganos encargados de realiza-las tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión das unidades de promoción e desenvolvemento así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolve-lo expediente de solicitude e, de se-lo caso, transferi-los fondos

correspondentes, deben realizar, na forma e cos procedementos que estableza a Dirección Xeral de Fomento do Emprego, as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo tanto á entidade promotora na preparación do proxecto como á propia unidade de promoción e desenvolvemento na realización das actividades para as que se concede a subvención, para consegui-lo éxito do proxecto: creación de emprego, así como a correcta realización dos traballos e actividades previstas.

b) Seguimento da xestión, obtendo das unidades de promoción e desenvolvemento a información que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das axudas e subvencións concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados das actividades realizadas polas unidades de promoción e desenvolvemento. Para estes efectos, a entidade promotora, dentro do mes seguinte ó remate de cada unha das fases, remitirá unha memoria na que se reflictan as actuacións desenvolvidas durante o dito período e as previstas para o novo semestre. Con ocasión do remate do proxecto, presentará unha memoria final das actividades e resultados obtidos. Así mesmo, estará obrigada a proporcionar calquera outra información que se considere pertinente con tal finalidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará supeditada á existencia de crédito na aplicación orzamentaria 14.04.241A.480.0 da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2001, para o exercicio económico de 2002, por un importe de 906.688,74 euros.

Segunda.-Os créditos correspondentes a subvencións que conteñan fases que se inicien en exercicios orzamentarios futuros, terán o carácter de plurianuais, de conformidade co previsto no artigo 58.1º letra b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa sesión do 24 de setembro de 2001.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude nos/as delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, a aprobación ou denegación das modificacións dos proxectos así como para autoriza-los gastos e propoñe-la ordenación dos correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Se por calquera causa, no momento que a Comisión Central de Valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que sexa designada pola conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Quinta.-As entidades beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde, están suxeitas ó réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, de conformidade co previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada polo artigo 7 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa; e na súa normativa de desenvolvemento.

Disposicións transitorias

Primeira.

1. As unidades de promoción e desenvolvemento en funcionamento á entrada en vigor desta orde, continuarán rexéndose pola normativa ó abeiro da que foron aprobadas.

2. Malia o disposto no parágrafo anterior, o previsto nos artigos 20 e 21 desta orde será aplicable para calcular as subvencións a conceder ou aboar a proxectos ou fases de unidades de promoción e desenvolvemento con data de inicio igual ou posterior ó 1 de xaneiro de 2002. As subvencións para as fases que se inicien antes do 1 de xaneiro de 2002, rexeranse polo establecido na Orde do 22 de xuño de 2001.

3. Para os efectos de lle dar cumprimento ó previsto nesta disposición transitoria, a Dirección Xeral de Fomento do Emprego realizará as oportunas redistribucións de créditos e as delegacións provinciais dictarán as correspondentes resolucións complementarias.

Segunda.-As solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 22 de xuño de 2001 e que non se resolveran dentro de 2001, poderán resolverse no exercicio do ano 2002, sempre que reúnan os requisitos esixidos por esta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Fomento do Emprego a dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude