Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 1697/2001, do 1 de abril, aprobouse o expediente administrativo para a contratación, por medio de concurso con procedemento aberto, da prestación do servicio denominada mantemento dos xardíns e espacios verdes do Concello de Oleiros.

A través deste anuncio convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oleiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 1/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento dos xardíns e espacios verdes do Concello de Oleiros.

b) División por lotes e número: non hai lotes.

c) Lugar de execución: diversas zonas verdes do termo municipal de Oleiros.

d) Prazo de execución: dous anos, podendo prorrogarse por un período de dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 591.116,44 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 11.822,33 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia nº 1.

c) Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Teléfono: 981 61 00 00.

e) Fax: 981 63 10 29.

f) Data límite de obtención de documentos e información: cincuenta e dous días naturais (remata o 31 de maio de 2002). Non obstante, aconséllase que se solicite nos primeiros corenta días naturais para que a súa remisión se faga dentro do prazo que permita a presentación da oferta, se é o caso.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 5, categoría b.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 31 de maio de 2002; ata as 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Oleiros.

-Enderezo: praza de Galicia nº 1.

-Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o seguinte ó acto de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia nº 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: 3 de xuño de 2002.

e) Hora: ás 13 horas.

10. Outras informacións.

Constan tanto no prego de cláusulas administrativas particulares coma no de prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios.

O adxudicatario estará obrigado a aboar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, así como os anuncios de adxudicación.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas.

9 de abril de 2002.

Oleiros, 17 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa