Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Malpica de Bergantiños na sesión plenaria do 15 de marzo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle, promovido por Desiderio Varela Grela, correspondente a unidade de actuación nº 1, sita na zona dos Agros.

De conformidade co establecido no artigo 140.3º do RP, o citado estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes para os efectos de que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que consideren pertinentes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente poderase examinar na secretaría do concello de luns a venres, das nove ás catorce horas.

Malpica de Bergantiños, 18 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado