O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a subministración seguinte:
Obxecto: regulación semafórica en Montrove (Liáns).
Orzamento de licitación: 29.986,03 euros.
Fianzas.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: trinta días.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro Xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 17 de abril de 2002.
Esther Pita Pita
Alcaldesa