A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000. Convoca o seguinte concurso:
Expediente: 18/2002:
1. Obxecto: subministración sucesiva de catéteres.
2. Orzamento: 91.899, IVE incluído.
3. Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.
4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L 2/2000, do 16 de xuño. BOE 148, do 21 de xuño).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L 2/2000, do 16 de xuño. BOE 148, do 21 de xuño).
10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13).
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, de luns a venres, desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 29. Páxina web do Sergas: www.sergas.es.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.
Vigo, 18 de marzo de 2002.
Manuel Sánchez Delgado
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo