Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de reactivos para a determinación de gases en sangue e arrendamento dos aparellos necesarios.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

*C.P.5/2002, subministración sucesiva de reactivos para a determinación de gases en sangue e arrendamento dos aparellos necesarios.

Orzamento total: 36.200 euros.

Reactivos: 36.056 euros.

Arrendamento: 144 euros.

1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2002 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de Subministracións do Hospital da Costa de Burela, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

5. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

6. Criterios de adxudicación:

1º Características técnicas: 35 puntos.

2º Prezo: 25 puntos.

3º Control de calidade (especificando as normas ás que se atopen sometidos no proceso de elaboración dos reactivos ofertados): 15 puntos.

4º Asistencia técnica e mantemento de equipos (tempo de resposta): 10 puntos.

5º Prazo de entrega: 10 puntos.

6º Dispoñibilidade de EAN e EDI: 5 puntos.

7. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: o 4% de adxudicación de cada lote.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa de Burela a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa de Burela ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 21 de marzo de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela