Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de mantemento de equipamento informático do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 7/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de mantemento de equipamento informático do Igape (C.P. 7/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 93. Fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. 7/2002.

2. Obxecto do contrato.

Contratación dos servicios de mantemento integral do equipamento informático propiedade do Igape.

Prazo de vixencia: dous anos desde a sinatura do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: noventa mil euros (90.000 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (1.800 euros).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

g) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

h) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do final do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó final do prazo de presentación de ofertas procederáse á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó final do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica